Os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar tamén visitaron A Cañiza. Aquí deixamos algunhas das mellores imaxes da Visita Real.

As Súas Maxestades de Oriente e a súa “espectacular” Comitiva de música, cor e fantasía, percorreron durante hora e media a rúa Progreso da Cañiza repartindo 300 quilos de caramelos. 

O que máis destacou da xornada foron as caras de ilusión e alegría dos nenos e nenas e tamén dos nosos maiores ao saudar aos Magos de Oriente. 

Tres carrozas reais con paxes e acompañantes entre zancudos, mariposas, osos, maniquís e cabalos xigantes luminosos, ademáis de bailaríns e patinadoras, membros todos eles da empresa cañicense “Hípica Celta”, compuxeron este ano o desfile desde o Rañadoiro o Auditorio da Casa de Cultura, onde foron recibidos con fogos de artificio a cargo da pirotecnia local de Santa Cristina de Valeixe. 

No Auditorio, os Reis de Oriente fixeron a súa Recepción Real, saudando a tod@s @s nen@s e recibindo as súas cartas e desexos.  

Antes da Cabalgata, as súas Maxestades e os seus paxes acompañados polo Alcalde percorreron todas as parroquias do noso Concello e saudaron aos nosos maiores na Residencia Nosa Señora do Rosario de Valeixe, no Centro Xeriátrico Santa Teresa da Cañiza e no Centro de Día Anxo. 

O Alcalde agradeceu ás Súas Maxestades a visita, así como a colaboración da Policía Local e dos demais empregados do Concello nas súas labores de seguridade e acompañamento.

#ACañizaCabalgataReis2024

#ACañizaNadal20232024