Ofertamos un novo curso de «CARRETILLA ELEVADORA» gratuíto

Organizado polo Concello da Cañiza e Apetamcor (Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por carretera de Galicia), representante na nosa Comunidade Autónoma do transporte de mercancías por estrada para pymes e autónomos/as.

Un curso gratuíto que se desenvolverá o 16 de maio de 2023, en xornada de mañá e tarde, de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h.

Podes inscribirte a través do seguinte enlace: Folla de inscrición no curso de carretilla elevador. O prazo de inscrición remata o 10 de maio.

Ademáis, se desexas ampliar información, podes contactar co Servizo de Orientación Laboral do Concello da Cañiza no número de teléfono: 886 216 724, ou achegándote ás oficinas do Servizo na pranta baixa da Casa Consistorial ( Rúa Oriente, 11).

Ofertamos un novo curso de carretilla elevadora gratuito. O 16 de maio na Cañiza