O Ministerio de Hacienda do Goberno de España, abonou o pasado 19 de abril, 2.089 facturas a 148 empresas proveedoras do Concello da Cañiza, sumando un total de 1.528.593,00 €uros.

O Concello da Cañiza cumpre coa obriga ordenada polo Ministerio de Hacienda y Función Pública de tramitar outro MECANISMO DE PAGO A PROVEEDORES.

Éste é o Segundo Mecanismo de Pago que o Concello da Cañiza tivo que tramitar por non poder cumprir co Periodo Medio de Pago das facturas emitidas polos proveedores. Débeda sen pagar por falta de Tesourería.

Esta cantidade ven a sumarse ao 1º Mecanismo de Pago a Proveedores 2022 do Concello, tamén de obrigado cumprimento (a través da Disposición Adicional 94ª da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, polo que se regulaba este procedemento extraordinario de financiación), na que se conseguiu subir á plataforma 1.241.545,91€ (1.149 facturas) e que foi transferida ás empresas o 31 de maio de 2022.  

Un total de 2.770.138,91,00€ entre os dous Mecanismos obrigados polo Ministerio de Hacienda do Goberno de España que ten por obxectivo loitar contra a morosidade das entidades locais, cumprindo así cos compromisos adquiriros polo Reino de España coa Unión Europea, ao instrumentar o pago nun prazo reducido das facturas pendentes do Concello e financiar a débeda resultante.

Estas cantidades lle serán descontadas ao Concello mensualmente (ata cubrir os 2.770.138,91€ máis os intereses que se apliquen) das entregas a conta da participación do Concello nos Tributos do Estado ( que é unha transferencia corrente do Estado, que ten como fin dar cobertura ás entidades locais).  

Segundo se recolle no Artigo 117 da Ley de Presupuestos Generales del Estado 2023, a retención será do 50% e poderá ser reducida ata un 25% en función das necesidades do Concello e sempre que a Corporación Local acredite a existencia de graves desfases de Tesourería. Ademáis non pode quedar descuberto o cumplimento regular das obrigas de pago ao personal, a prestación de servizos públicos obrigatorios en función do número de habitantes e a prestación dos servizos sociais, protección civil e extinción de incendios, sempre que estes servizos estén exentos de pago ou taxa.

En relación ao Mecanismo de Pago a Proveedores tramitado e rematado este 19 de abril, ademáis dos 1.528.593,00 €uros subidos á Plataforma de Hacienda deste ano, o Concello subiu outros 58.587,99 euros máis. Unha cantidade que o Ministerio non puido pagar porque as empresas non conseguiron acceder ao Mecanismo, por carecer de certificado dixital para poder aceptar manifiestamente o pago.

Para subsanar esta situación, o Concello está tramitando o pago destas facturas con medios propios, así como a débeda acumulada nos dous últimos meses, do 10 de marzo ata a actualidade.

Con este último pago liquídanse as obrigas contraídas cos proveedores polos servizos prestados, podendo cumprir a partires do mes de xuño co Periodo Medio de Pago que está estabrecido en 30 días.

Grazas a estes dous mecanismos o Concello consigue regularizar a situación de falta de pago aos proveedores.

 

NOTIFICACIÓN DA DIRECCIÓN GENERAL DE ESTABILIDAD PRESUPUESTARIA Y GESTIÓN FINANCIERA TERRITORIAL DO MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA

O pasado 16 de febreiro de 2023, o Concello da Cañiza recibiu unha notificación do Ministerio de Hacienda, pola que a Directora General de Estabilidad Presupuestaria y Gestión Financiera Territorial, comunicaba que o Concello da Cañiza estaba incluido no procedemento obrigatorio de pago a proveedores aprobado por Acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos,  por presentar un período medio de pago a proveedores superior a 60 días e “excesivamente” elevado de forma reiterada no tempo.

A falta de pago está relacionada coa falta de liquidez, de Tesourería, debido á débeda arrastrada de anos anteriores.

Por este motivo Hacienda obriga a 98 Concellos de toda España, entre eles á Cañiza, a cumprir co Mecanismo de Pago a Proveedores (en aplicación do disposto «en los apartados 3 y 4 del artículo 40 del Real Decreto-ley 17/2014, de 26 de diciembre, de medidas de sostenibilidad financiera de las comunidades autónomas y entidades locales, recientemente reformado por el artículo 108 del Real Decreto-ley 20/2022, de 27 de diciembre, de medidas de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la Guerra de Ucrania y de apoyo a la reconstrucción de la isla de La Palma y otras situaciones de vulnerabilidad»).

Entre os días 6 e 21 de marzo, Intervención da Cañiza tivo a obriga de subministrar ao Ministerio, a través dunha plataforma habilitada pola Agencia Estatal de Administración Tributaria, toda a relación certificada das facturas pendientes. A partires do 11 de abril, as empresas puideron acceder a esta plataforma e aceptar o pago das débedas a través deste mecanismo extraordinario.

Rematado o procedemento, o pasado 19 de abril, Hacienda abonou a un total de 148 proveedores do Concello, 2089 facturas que sumaron un total de  1.528.593,00 €uros

Este segundo mecanismo que se suma ao primeiro de 2022 ten consecuencias para o Concello porque estas cantidades (2.770.138,91,00€) serán descontadas mes a mes ata cubrir a débeda, dos fondos que percibimos con cargo ao Estado, o que suporá un importante  esforzo para o Concello porque se reducen os ingresos por parte do Estado, pero se consigue LIQUIDAR A DÉBEDA COS PROVEEDORES E CUMPRIR CO PERIODO MEDIO DE PAGO ESTABLECIDO EN 30 DÍAS.