O Concello retoma neste mes de abril as actividades do Proxecto Violeta do Servizo de Igualdade, nesta ocasión coa «Música pola Igualdade»

O 17 de abril comeza no centro da ESO da Cañiza un novo curso do Proxecto Xénero Educa | X(é)nero Verso: música pola igualdade

O alumnado de 3º de ESO do CPI da Cañiza participa nesta nova edición do programa educativo Género Educa de Grupo Koremi, organizado polo Concello en colaboración co CPI da Cañiza e a Deputación de Pontevedra.

A partires do 17 de abril comeza para o alumnado a actividade “X(é)nero Versos: música pola igualdade” no que se traballa a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes,  utilizando a música e en concreto o rap, como canle de comunicación coa adolescencia.

Dividid@s en grupos e acompañad@s por un produtor musical (unha persoa especialista en igualdade e educación), @s alumn@s participantes poderán compoñer letras para logo poñerlle música e gravar.

O obxectivo que move este proxecto é o de poñer os coñecementos pedagóxicos e musicais en mans do alumnado para que compoñan letras, fagan ou elixan a súa base musical e finalmente graven unha canción na que poidan expresar as súas opinións sobre a igualdade e a violencia de xénero.

Proxecto xenero versos Música pola Igualdade. 17 de abril no centro de ESO da Cañiza