O Concello renova o compromiso oficial co Clube Balonman Cañiza asinando esta tarde o 2º convenio de colaboración que contempla unha nova axuda de 20.000,00€ para 2023.

  • Nun acto celebrado ás 19h no Salón de Plenos, no que o Alcalde Luis Piña e o Presidente do Clube Marcos Estévez rubricaron esta colaboración, en presenza de representantes de toda a grande familia do Clube Balonman Cañiza e de Concelleiros da Corporación
  • A sinatura deste convenio continuará aportando unha forte estabilidade económica ao CBC que ven percibindo do concello unha cantidade fixa de 1.666,66€ ao mes dende o pasado 21 de abril de 2022, data en que se asinou a 1ª colaboración oficial.
  • Trátase dunha cooperación bilateral para o desenvolvemento e promoción do balonmán na Cañiza, así como o mantemento das instalacións utilizadas nas actividades deportivas e promoción.
  • No acto o Alcalde lembrou que ademáis desta axuda económica, o Concello investiu nos últimos tres anos e medio cerca de 170.000€ en reformas e equipacións no pavillón Carballo do Marco, instalación municipal na que entrenan todos os equipos do Clube e sede social do CBC.
  • Seguindo esta liña de compromiso e traballo co deporte, o Alcalde anunciou esta tarde un novo investimento para esta instalación. A execución da obra de “renovación e sustitución de todo o pavimento do Pavillón por un novo chan deportivo aerolástico rematado en madeira”. Unha obra por un importe de 117.165,10€, que se acometerá no seguinte mandato.

 

O Salón de Plenos ven de acoller a sinatura do 2º convenio de colaboración entre o Concello e o CBC para financiar os gastos de funcionamento do clube durante esta tempada por un total de 20.000€ que serán abonados en pagos mesuais de 1.666,66€uros. Ademáis o CBC terá dereito á utilización das instalacións para os fins e usos descritos no Convenio.

Neste acto no que tamén participaron alumnos e xogadores, cadro técnico, xunta directiva  e socios do clube, o Presidente Marcos Estévez agradeceu o importante apoio que o balonmán Cañiza está recibindo do Concello. Unha colaboración que por 2º ano se ratifica formalmente nun convenio dotado con 20.000€, 5.000€uros máis que en 2021, e que lle dará máis estabilidade ao Clube. 

Pola súa banda o Alcalde Luis Piña, despois de agradecer a todos a presenza no acto institucional, felicitou a esta grande familia deportiva polo traballo desenvolvido durante tantos anos en prol da educación deportiva dos nen@s e moz@s da Cañiza, pola importante labor social que tamén caracteriza a este clube e por suposto polos importantísimos éxitos deportivos acadados polos equipos a nivel rexional e nacional. Sen esquencerse do mérito e o orgullo que supón para os cañicenses que dous equipos do Clube estén en  Primeira Nacional. Neste punto mencionou aos dous equipos Senior do Clube. O Sénior feminino que compite na Primeira División Honor Prata e o Sénior Masculino en Primeira Nacional Masculino Grupo A.

UN COMPROMISO CO DEPORTE, NESTE CASO CO BALONMÁN, DENDE O 1º DÍA DE MANDATO.

O Alcalde Luis Piña tamén lembrou neste acto o compromiso que dende o primeiro día da súa gobernanza adquiriu co deporte, cos clubes e equipos deportivos da Cañiza e por suposto co Balonmán Cañiza.

CERCA DE 170.000€ INVESTIDOS EN REFORMAS E EQUIPACIÓNS NO PAVILLÓN CARBALLO DO MARCO. SEDE SOCIAL E CENTRO DE ENTRENAMENTO DO CLUBE.

A este respecto volveu a recordar o esforzo inversor que o Concello fixo no pavillón deportivo “Carballo do Marco”, centro base de adestramento e de competicións do clube. Un esforzo para mellorar esta instalación investindo un total de 169.818,30€ en reformas e equipacións. “o Concello destinou 50.000€ para a mellora da cuberta e eliminación de humidades, 46.054,60€ para a reforma íntegra dun ala dos vestiarios e aseos, 25.000€ para a adquisición do videomarcador, aos que se sumaron outros 48.763,70€ da obra de reforma da 2º ala dos vestiarios. Tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón.

O ALCALDE ANUNCIA UN NOVO PROXECTO PARA O PAVILLÓN DA CAÑIZA:

A «renovación do pavimento do pavillón por un novo chan deportivo aerolástico rematado en madeira» cun investimento de 117.165,10€, dos que 114.091,70€ corresponden a execución material de obra e 3.073,40€ á redacción do proxecto, que xa entrou no Concello o pasado mes de febreiro.

Unha nova obra que sustituirá todo o pavimento deportivo actual, xa anticuado, por un sistema de pavimento deportivo areoelástico rematado en madeira de haya tipo Zeta System, cunha altura mínima de 41mm. Válido para entrenamento e competición en baloncesto, futbol sala, balonmán, voleibol e incluso para deportes sobre rodas como patinaxe.

Unha actuación que proporcionará unha maior comodidade aos nosos deportistas e modernizará esta instalación, equiparándoa aos estándares actuáis de calidade.