O Concello pon en marcha o programa de impulso e modernización do Comercio Local «Da Túa Man»

O Pleno deste 28 de xullo acordará a aprobación do Convenio entre Deputación e Concello para financiar e activar as actuacións do programa que estará implementado nuns meses.

  • Unha iniciativa de apoio singular ao noso COMERCIO que conta cun orzamento total de 139.954,77€, financiados nun 70% polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, nun 15% pola Deputación de Pontevedra que ademáis asumirá os costes de IVA do proxecto e noutro 15% polo Concello que terá que aportar 17.349,77€ con cargo a fondos propios.
  • Segundo anunciou o Alcalde esta mañá “trátase dun ambicioso e transformador programa de impulso e modernización do comercio local para axudalos a reactivarse, financiando a posta en marcha de medidas que os axuden a  iniciar a transformación dixital dos negocios, aumentar as vendas e captar e fidelizar novos clientes ”.

 

 Como xa se anunciou nestes días, o Pleno deste 28 de xullo, que se celebrará en sesión ordinaria ás 20h, tratará na Orde do Día asuntos de especial importancia para o noso Concello. Aprobación da Conta Xeral do ano 2021, a sinatura do Convenio para a adhesión á Eurocidade do Miño, a modificación do invendario de Bens e Camiños, a sinatura do Convenio para a Escola de Música da Cañiza, a modificación do Regulamento de Honores e Distincións e tamén a aprobación do Convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para o apoio ao comercio local a través do programa “Da Túa Man”.

 Unha iniciativa financiada pola Unión Europea , no marco dos fondos Next-Generation, tramitada pola Deputación Provincial ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de España.

 Este programa de impulso conta cun investimento de 139.954,77€, dos que o Ministerio aportará o 70%, é dicir, 80.965,57%. A Deputación asumirá o 15% do total e todo o IVE repercutido que ascende a 41.639,43€ e o Concello da Cañiza terá que aportar o restante 15% con recursos propios. Un total de 17.349,77€.

 

 ACTUACIÓNS DO PROGRAMA DE IMPULSO AO COMERCIO LOCAL “DA TÚA MAN”

 O programa “Da Túa Man” conta con 5 bloques de actuacións diferenciados que en total suman 13 iniciativas que conseguirán transformar e adaptar o pequeno e mediano comercio da Cañiza  neste 2022 ás dinámicas dixitais e ao comercio on-line.

 No primeiro bloque destinado á transformación dixital, cun orzamento de 25.037,88€, está contemplada a creación dun portal web único para o comercio e unha APP para móviles para dar visibilidade ao comercio. Desarrollo dunha plataforma Big Data (un proceso que analizará e interpretará todo o volumen de datos do comercio para a súa utilización online) e o lanzamento e deseño dunha campaña de promoción dos nosos negocios en soporte dixital.

 Ademáis financiaranse dúas actuacións de cara a transformar o punto de venda subvencionadas con 26.000€: a instalación e subministro dun punto intelixente “Smart Lockers” con 10 casilleiros e instalación de 3 pequenas zonas de descanso con bancos con cargadores solares para móviles, iluminación e mobiliario urbano.

 No apartado de sostenibilidade e economía circular implantaranse 3 islas ecolóxicas modulares para a recollida e separación de residuos con 4 contenedores por isla. Desarrollarase un sistema de recollida de pedidos de forma colaborativa e  dotarase aos negocios con deseño e promocións de packaging  ( bolsas e paquetes) reutilizables. Esta partida conta cun investimento de 40.687,22€.

 A formación e sensibilización dos comerciantes tamén terá un peso esencial neste programa no que se impartirán 3 cursos. Esta partida está dotada con 7.440€.

 Por último e xa no apartado de señalética, deseñarase una imaxe corporativa propia do comercio local da Cañiza e se instalará 1 totem ou mupi, un moble urbano dixital e interactivo para a presentación de publicidade e información exclusiva do comercio local. Esta última actuación conta cun investimento de 16.500€.

 A todas estas partidas hai que engadirlle o Ive que o asume ao 100% a Deputación Provincial.

 Unha actuación que dará un gran impulso ao noso pequeno e mediano comercio e que os axudará a transformarse dixitalmente de cara a aumentar a capacidade de venda, engadindo tamén a venda on-line e a captar e fidelizar novos  clientes.