O Concello inaugura o mes de outubro co programa de formación «GALEGAS DIXITAIS»

Un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres preferentemente desempregadas ou que estén en situación de demanda de mellora de emprego, residentes en zonas rurais.

Do 03/10/2022 ao 11/11/2022. 

No curso, que se desenvolverá no Aula Cemit da Casa de Cultura da Cañiza, impartiranse tres bloques formativos.

  • Competencias Dixitais Básicas. Duración: 40 horas.
  • Competencias Dixitais Avanzadas. Duración: 40 horas.
  • Competencias Dixitais para o emprego. Duración: 40 horas.

Ademáis do título oficial, as participantes conseguirán un ordenador portátil de regalo.

QUÉ SE QUERE CONSEGUIR

1. Mellorar as capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais preferentemente desempregadas.
2. Incrementar o seu nivel de empregabilidade.
3. Impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural.
4. Reducir a fenda de xénero.

Trátase dun proxecto financiado pola Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, organizado polas empresas Beproject Consultores e Ara Formación

Para ampliar esta información podedes contactar cos organizadores no número de teléfono 604 039 575 ou consultar a web www.galegasdixitais.es