O Concello celebrou o Pleno Organizativo que marca o inicio do novo mandato

No Salón de Sesións do Concello celebrouse o pasado 29 de xuño o Pleno extraordinario organizativo da nova Corporación Municipal, despois de terse celebrado o Pleno de Constitución e Elección do Alcalde o pasado 17 de xuño.

Todas as propostas foron aprobadas por maioría absoluta cos votos a favor do Grupo Municipal do PSOE e a abstención do Grupo Municipal do PP.

Hoxe publícanse no BOP nº 139 parte das propostas acordadas nesta Sesión.

 

Creación e composición das Comisións Informativas e representantes dos Órganos Colexiados

Na parte resolutiva da orde do día da Sesión acordouse en primeiro lugar a creación e composición de dúas comisións informativas: Comisión Informativa de Asuntos Plenarios e de Economía, Facenda e Especial de Contas, integradas ambas por 7 membros, dos cales 4 corresponden ao Grupo Municipal do PSOE e 3 ao Grupo Municipal do PP. 

En 2º lugar, dentro das propostas do Pleno organizativo, designáronse os representantes dos órganos colexiados, as dedicacións exclusivas, a delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local e se fixaron as periodicidades das sesións plenarias. 

Neste punto acordouse designar como representantes dos Órganos Colexiados, para representar á Corporación en todos os Consellos Escolares da Cañiza a Rubén Muiños Martínez e para a Mesa Local de Comercio a Paula Bacelar Domínguez.

 

As DEDICACIÓNS quedaron establecidas:

En indemnizacións para os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin parcial:

    • - Asistencia a Plenos Concelleiros, por sesión: 140,00.- euros
    •  - Asistencia a Plenos Extraordinarios ( máximo 4 ano natural): 70,00.- euros
    •  - Asistencia a Xuntas de Goberno Local, Concelleiros, por sesión: 95,00.- euros.
    • - Asistencia a Comisións Informativas, Concelleiros, por sesión: 90,00.- euros.
    • - Asistencia a Comisións Informativas por Plenos Extraordinarios, Concelleiros por Sesión (máximo 4 ano natural): 45,00.- euros

A dedicación exclusiva do Alcalde non se modifica respecto do mandato anterior, quedando unha retribución bruta anual de 52.140,34 €, dacordo co establecido por Lei.

Estableceuse unha dedicación exclusiva para a 2ª Tte. de Alcalde cunha retribución bruta anual de 24.000,00 €. Retribución establecida no anterior mandato en 27.000€ pero dos que únicamente se cobraban as ¾ partes. Ademáis desaparece un liberado, respecto do anterior Goberno, que estaba valorado en 37.000€.

Por outra banda, a retribución do persoal eventual quedou fixada  tamén en 24.000,00 €, mil €uros menos que no anterior mandato. Unha praza que quedou sen cubrir nestes 4 últimos anos e que todavía permanece vacante.

Neste apartado tamén se estableceron as achegas ao funcionamento dos grupos políticos en 700€ por Concelleiro ao ano.

 

Periodicidade das Sesións Plenarias

Aprobouse a celebración das sesións do Pleno o derradeiro xoves de cada mes impar, ás 09:00 horas.

Este cambio de horario está xustificado por motivos de operatividade. No anterior mandato estableceuse a hora de celebración dos plenos ás 20.00h para favorecer a asistencia da veciñanza, pero considerando que tampouco neste horario as sesións contaban con público, adoptouse a decisión de cambiar a celebración dos plenos para as primeiras horas da mañá.

Con todo, a Gobernanza está aberta a recibir e estudiar cantas propostas desexen presentar veciños ou colectivos, de cara a escoller entre todos o horario máis axeitado. Propostas que leven implícita acadar a maior transparencia gubernamental e asistencia posible.

Neste sentido, o Alcalde tamén informou que durante este mandato se implementará o sistema de streaming nos Plenos. Transmisión que permitirá visionar a celebración das sesións en directo e en diferido e que quedarán contenidos na web municipal.

 

Membros da Xunta de Goberno Local, Tenentes de Alcalde e Grupos Políticos

O punto 3º da orde do día deu a coñecer o nomeamento como concelleiros membros da Xunta de Goberno Local (que constituirán este Órgano xunto co Alcalde, que a preside),  a María José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez, Miguel Anxo Gómez Antón e Felipe Piña Teijeira.

No punto 4º deuse conta da designación como Tenente de Alcalde do Concello da Cañiza aos seguintes concelleiros: 1ª. Tte. de Alcalde María José Rodríguez González. 2ª. Tte de Alcalde Paula Bacelar Domínguez.  3º. Tte de Alcalde Miguel Anxo Gómez Antón e  4º. Tte de Alcalde Felipe Piña Teijeira.

Na parte resolutiva do Pleno déronse a coñecer os grupos políticos municipais quedando constituido o Grupo socialista e designando a Luis Antonio Gómez Piña como voceiro e a Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez, Miguel Anxo Gómez Antón, Felipe Piña Teijeira, Eva Mª Rivas Pérez e Rubén Muiños Martínez como voceiros suplentes.

E o Grupo Municipal do Partido Popular con Miguel Adolfo Domínguez Alfonso como voceiro e Pilar Vicente Iglesias como voceira suplente e Cristian Gómez Mariño, Ana Belén Alejandro Álvarez, Ismael Giráldez Lage e Carmen Dolores Fernández Rodríguez como membros do Grupo.

Por outra banda, a estruturación da Alcaldía, no competente á delegación de áreas e territorialidade, acometerase próximamente.

 

Periodicidade das sesións plenarias

 

Designación das dedicacións exclusivas

 

Designación das dedicacións exclusivas