O Alcalde reuniuse esta semana con Manoel Baptista, Presidente da Cámara de Melgaço, para continuar afianzando as relacións entre os dous municipios

Unha xuntanza que se celebrou este mércores na Cámara Municipal  de Melgaço para continuar traballando na cooperación transfronteiriza que, segundo manifestaron os dous rexedores, é un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas, para afianzar os lazos de amizade entre os dous municipios e para fomentar o desenvolvemento económico, social e cultural, neste caso de Melgaço e A Cañiza.