Inauguramos a mostra fotográfica «SUÍDO, MOMENTOS E LUGARES» de Antonio Jiménez (Tonio) que se expón no Concello ata o 28 de xullo.

Tivemos a oportunidade de coñecer a colección da man do seu autor, Tonio, que este luns 17 de xullo, acompañado do Alcalde Luis Piña, inaugurou a exposición no Concello da Cañiza.

Unha mostra de 30 fotografías en tamaño 30 x 45 cm que conseguiron captar os mellores momentos, lugares senlleiros, paisaxes e a flora e a fauna da Serra do SUÍDO.

O SÚIDO, un espazo natural que forma parte da coñecida Dorsal Galega que percorre o centro de Galicia e que se sitúa entre os concellos pontevedreses da Lama, Fornelos de Montes e Covelo e os ourensáns de Avión e Beariz.

A exposición poderá visitarse ata o venres 28 de xullo, na 2ª Planta do Concello, de luns a venres, en horario de 8 a 15 h .