Hoxe entregamos os premios do 4º e penúltimo sorteo da campaña de activación e fidelización do noso comercio iniciada no pasado Nadal

O Alcalde entrega os 4ºpremios da campaña de activación e fidelización do comercio local que comezou o pasado Nadal en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Cañiza.

Os portadores dos números premiados recolleron os seus vales (5 boletos de 10 €uros cada un), canxeables nos mesmos establecementos da Cañiza. 

Un total de 900,00€uros en vales de compra que se suman aos 2.700,00€ xa entregados o pasado 26 de decembro, 2 de xaneiro e 15 de xaneiro.

O vindeiro 15 de febreiro volveremos a celebrar un 5º e último sorteo de 6 premios, un total de 300€uros, polo que a campaña "A Confianza de Sempre, Agasállate neste Nadal", continúa activa durante a 1ª quincena de febreiro

Non te esquezas de solicitar o teu boleto cando fagas as túas compras!. 

Noraboa a todos os premiados!

 

Campaña "A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2023"