Este sábado, 1 de xullo, abrimos a piscina municipal ao aire libre de «As Grades» e a praia fluvial na parroquia de Luneda

A piscina municipal de «As Grades» abre as súas instalacións este sábado,  1 de xullo ata o 15 de setembro (sempre que o tempo o permita), en horario de 13.30h a 21h de luns a domingos. Pola mañá permanecerá pechada para dar servizo exclusivo aos 50 nen@s inscrit@s nos campamentos municipais de verán que accederán en horario de 11h a 13h.

 Os prezos non subirán respecto a anos pasados, quedando establecida a entrada para adultos en 1,50€ e a entrada infantil e  para xubilados e pensionistas en 1,00€.

 Tamén a partires do 1 de xullo  queda aberta a Praia Fluvial na parroquia de Luneda.

Un espazo natural  e de lecer, acondicionado a carón da Regueira do Aceval, afluente do río Deva,  cun aforo aproximado de 225 persoas. Esta zona recreativa situada no lugar de Gonda, conta tamén con merendeiro, asadores e zona de xogos para nenos.

Imaxe da Praia Fluvial na parroquia de Luneda

praia fluvial na parroquia de Luneda

 

Video das instalacións da Piscina ao aire libre de As Grades

Video file