Este martes o Alcalde asistiu como membro integrante á Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade

Unha Comisión da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que se constituiu hoxe en Madrid e da que formará parte o noso Alcalde xunto con 24 Alcaldes e Alcaldesas de toda España.

Este mediodía constituiuse a Comisión na sede madrileña da FEMP coa asistencia de todos os membros. Esta primeira xuntanza tiña como orde do día a elaboración do Plan de traballo a seguir para os vindeiros tres anos e a confección do calendario de reunións e acordos a celebrar.

Un dos principais obxectivos desta Comisión será traballar para impulsar as políticas locais que promovan, protexan e aseguren a garantía dos dereitos das persoas con discapacidades.

Ademáis traballarán por outros obxectivos máis específicos como dar a coñecer aos gobernos locais o texto da Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, a participación no seu comité de seguemento ou a difusión das súas propostas e informes.

Tamén teñen como obxectivo velar pola integración dos criterios de accesibilidade universal ( na súa dimensión física, cognitiva e sensorial)  nas políticas públicas locais e ampliar e promover novas alianzas cos actores clave da discapacidade ( administracións, movementos asociativos, universidades e entidades privadas).

Outro dos retos a conseguir, xa relacionados co noso territorio será priorizar o cumprimento da normativa sobre deseño e accesibilidade universal no acceso aos dereitos básicos para garantir que os gobernos locais se convertan en referentes e impulsores deste cumprimento, con especial atención ás zonas rurais.

Despois de rematar esta primeira sesión, o Alcalde Luis Piña ratificou o seu compromiso incondicional con esta Comisión á que dedicará todos os esforzos e traballo que sexan necesarios.

A FEMP

A Federación Española de Municipios e Provincias é unha asociación constituida polos Municipios, Islas, Provincias e outros Entes Locais que voluntariamente decidan integrarse nela para a promoción e defensa dos seus intereses comúns.

Este martes o Alcalde asistiu como membro integrante á Comisión de Políticas Integrais de Discapacidade