Esta noite Concerto na Praza Maior da Cañiza a cargo do Grupo de Rock SUEVIA

🔊🎼 A partires das 22.00H na Praza Maior da Cañiza

Evento de Verán de lecer A Cañiza

Actuación enmarcada dentro do PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA “MULLERES EN ACCIÓN VIOLENCIA ZERO”.

«Grupo de Rock SUEVIA»🎶🎸

Nace Suevia, unha nova banda de hard rock formada por catro mulleres xa con experiencia previa no mundo da música. O seu estilo musical está influenciado polo Rock dos 70 ́s e 90 ́s. Tamén interpretan composicións propias con temática comprometida e sen deixar de tocar ao amor e á tolemia.