«ENCONTRO COS CAÑICENSES E GALEGOS EN LISBOA (Portugal) 14.07.2022»

Este xoves, 14 de xullo, o Alcalde Luis Piña, acompañado por Concelleiros do Equipo de Goberno, tivo a honra e a ocasión de promocionar no Centro Galego de Lisboa os activos e potenciais turísticos, gastronómicos e empresariais da Cañiza.

  •  Nun acto institucional e entrañable, arroupado por toda a Xunta Directiva do Centro Galego e en especial polo seu Presidente, Jesús Luis Bescos Sinde  e o seu Vicepresidente Miguel Conde Prieto e que contou coa presenza de autoridades relacionadas coa emigración exterior como o  Presidente da Cámara de Comercio e Industria Luso - Española, Miguel Seco.
  • Despois do acto oficial, o Alcalde, acompañado en todo momento polos Concelleiros  Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez e Miguel Anxo Gómez Antón, tivo a oportunidade de ofrecer nos xardíns do Centro Galego unha degustación dos mellores produtos da nosa terra: xamón, queixo madurado, mel, chocolate e os mellores viños da Cañiza, doados gratuitamente polos nosos empresarios para esta ocasión. Tamén participou nesta degustación o Pan de Cea que colabora dende anos coa Cañiza grazas á disposición do Presidente do Consello Regulador do Pan de Cea, Carlos Rodríguez.
  • O Alcalde Luis Piña, emocionado pola carga sentimental que lle supuxo voltar a Lisboa, cidade ca que lle une lazos familiares,  describiu este Encontro como «unha experiencia enriquecedora para todos que pretende ademáis homenaxear e emponderar a labor e a contribución dos nosos cañicenses no exterior, neste caso en Lisboa».
  • Tamén adiantou neste acto a súa intención de manter encontros similares cos cañicenses  afincados no exterior así como crear oficialmente un «Consello dos Cañicenses no Exterior» co obxectivo de retomar as relacións coas nosas xentes, afianzar os lazos afectivos e promover accións empresariais e económicas.

 

Este 14 de xullo, na Casa da Xuventude de Lisboa  déronse cita máis dun centenar de cañicenses, veciños e amigos, residentes na cidade lisboeta que se achegaron ata o Centro Galego para departir sobre A Cañiza co Alcalde Luis Piña e cos concelleiros de Goberno  Mª José Rodríguez González, Paula Bacelar Domínguez e Miguel Anxo Gómez Antón.

Esta é a primeira vez cun Alcalde  da Cañiza exerce como «embaixador» fora das nosas fronteiras con cañicenses residentes no exterior e coas súas familias, elexindo como punto de partida desta experiencia Lisboa, por ser a cidade que máis galegos e cañicenses acolleu en toda a historia da emigración europea.  Un dato constrastado polo Presidente do Centro Galego, Jesús Luis Bescos, quen agradeceu de xeito especial a decisión do Alcalde Luis Piña de ter elexido Lisboa para desenvolver este primeiro encontro de confraternidade.

 

O Centro Galego de Lisboa, tamén coñecido como Xuventude de Galicia, ten súa sede  dende xullo de 1988 nun palacete construido a finais do século XIX. Unha construcción de 1225 m2 situado na Rúa Julio Andrade, obra dun arquitecto italiano e propiedade do galego insigne Manoel Cordo Boullosa que donou o Palacete á Xunta De Galicia.  Na actualidade  o Centro tamén acolle a sede da UNED en Portugal.

 

 Á chegada ao Centro Galego, o Alcalde e Concelleiros foron recibidos pola Directiva do Centro, que como anfitrións deron a coñecer as instalacións e ás actividades e cursos que se desenvolven durante todo o ano. Ao rematar a visita,  mantiveron una xuntanza de traballo para tratar sobre as posibilidades de cooperación e accións conxuntas de futuro.

Pasadas as 19h portuguesas e despois da foto oficial con toda a Directiva, comezou o acto oficial presentado polo Vicepresidente do Centro, Miguel Prieto, que fixo de Mestre de Cerimonias, dando paso ao gaiteiro e profesor de gaita galega do Centro, Paulo Marinho, quen interpretou a “Muiñeira Freixa de Ponteareas”. Unha fermosa peza tocada para dar a benvida ao Alcalde e Concelleiros en sinal de agradecemento.

 A continuación o Presidente do Centro Galego, Jesús Luis Bescos, tomou a palabra para felicitar ao Alcalde pola “acertada decisión de desenvolver este encontro, neste caso en Lisboa, cidade que sempre tendeu a man á emigración cañicense e que acolleu no seu seo a centos de veciños”. Un acto que quere interpretarse como una expresión de cariño e respeto dirixida a todos os nosos veciños e veciñas que non viven na Cañiza pero que forman parte da nosa gran familia.

 

O ALCALDE LUIS PIÑA TOMOU A PALABRA PARA PROMOCIONAR, DIFUNDIR E EMPONDERAR OS ACTIVOS TURÍSTICOS, PRODUTOS GASTRONÓMICOS  E POTENCIAL EMPRESARIAL DA CAÑIZA.

Ao rematar a súa intervención, o Alcalde Luis Piña tomou a palabra para promocionar, difundir e por en valor os activos turísticos, produtos gastronómicos  e potencial empresarial da nosa terra. Un potencial que pasa polo turismo paisaxístico centrado nos sendeiros e rutas que permiten percorrer todo o territorio cañicense e a potente gastronomía da Cañiza, basada nos productos cárnicos cos cocidos e o afamado xamón da nosa terra como abandeirados. Luis Piña tamén promocionou a tetilla, a mel e o chocolate da Cañiza así como os viños brancos e tintos de tres das nosas mellores adegas, cun alto nivel competitivo comercial grazas á calidade destes caldos.

Neste punto o Alcalde quixo agradecer a colaboración dos hosteleiros e empresarios da Cañiza que doaron os productos presentados en Lisboa. Xamón do Bar Kenia, Pirri, Piri-Piri, Paradanta, Area de Servicio A Cañiza e Complexo Os do Resero. Tamén á queixería Castro Xaneiro, á tenda de chocolate López, aos produtores de mel Inocencio López, Rogelio Rodríguez e Antonio Sendín. E por suposto aos adegueiros das adegas “Eido da Fonte” de Valeixe, “Torgo” de Parada e   “Abelán” de Foxo- Pintelos.  Tamén agradeceu a Carlos Manuel Rodríguez, Presidente do Consello Regulador do Pan de Cea por ter colaborado coa Cañiza en todas as súas promocións.

 Ao rematar a súa intervención, o Alcalde invitou a todos os presentes a volver á Cañiza calquera día do ano e en especial nestas festas que se aproximan do 15 de agosto e nas romarías da Franqueira e da Peña de Francia.

 

OS PRODUTOS DA CAÑIZA DEGUSTÁRONSE NA PARTE FINAL DO ACTO, CONSEGUINDO O ELOXIO E APLAUSO DE TODOS OS ASISTENTES

O acto institucional rematou coa sinatura do Alcalde no Libro de Honra do Centro e coa entrega dun agasallo conmemorativo do Encontro.

A continuación Luis Piña convidou a  todos os presentes a degustar os nosos productos, que foron os auténticos protagonistas deste xornada  e que conseguiron todos os eloxios, nunha xuntanza final desenvolvida nos xardíns do Palacete no que Alcalde e Concelleiros tiveron a ocasión de conversar coas máis dun centenar de cañicenses e  amigos que se achegaron ata a Casa  de Xuventude para charlar sobre A Cañiza e as súas oportunidades de futuro.

 

UNHA EXPERIENCIA ENRIQUECEDORA PARA TODOS QUE PRETENDE HOMENAXEAR E ENSALZAR A LABOR E A CONTRIBUCIÓN DOS NOSOS CAÑICENSES NO EXTERIOR, NESTE CASO EN LISBOA.

O acto rematou en torno ás 22.30h cunha afectuosa despedida e coa «intención  renovada de volver a repetir esta experiencia enriquecedora para todos e que serviu non so para emponderar a riqueza da Cañiza senon tamén para non esquecernos da importancia da labor e do traballo dos nosos cañicenses no exterior que durante máis dun século contribuiu a mellorar a calidade de vida de todas as nosas xentes».

 Para rematar o Alcalde Luis Piña quixo agradecer a gran acollida amosada por toda a Xunta Directiva do Centro Galego de Lisboa, que recibiron á Delegación da Cañiza con todo o cariño e protocolo institucional.

 A todos, o noso máis sinceiro agradecemento.