A Deputación informa da apertura do prazo da 2ª convocatoria do programa DEPOTERMAL 2022

NOVO PRAZO DE SOLICITUDES DEPOTERMAL:

A medio do presente informamos de que este 18 de xullo de 2022 sae publicado no BOPPO unha segunda convocatoria do programa DEPOTERMAL 2022, abríndose un prazo de 10 días hábiles para a presentación de instancias, dende o 19 de xullo ao 2 de agosto de 2022, ambos inclusive.

 

Diputación de Pontevedra Agenda 2030

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE E INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

En dita convocatoria ofértanse as seguintes prazas:

  • Programa termal de asistencia diaria contará con 800 prazas:
    • 700 prazas: a Deputación subvencionará ata un máximo de 53.55 €. A subvención que percibirá cada persoa solicitante calcularase en función da súa renda persoal de forma individual e mensual, de acordo cos tramos recollidos nas bases.
    • 100 prazas de Servizos Sociais: (tres por concello adherido): a Deputación subvencionará 107,10 € por praza para os casos de persoas que estean en situación ou risco de exclusión social, que teñan escasos recursos económicos e para as que o programa sexa idóneo.
  • Programa termal con pernoita contará con 1800 prazas: :
    • 700 prazas: as persoas beneficiarias aboarán a cantidade total resultante do prezo de adxudicación
    • 100 prazas (dúas por concello adherido): a Deputación subvencionará 280,73 € do custo total do programa para os casos de persoas que estean en situación ou risco de exclusión social, que teñan escasos recursos económicos e para as que o programa sexa idóneo.

 

Os formularios estarán dispoñibles na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.gal, e ao igual que a convocatoria anterior a presentación poder realizarse en liña o de forma presencial.

Debe presentarse obrigatoriamente unha solicitude por persoa (con independencia de que sexan matrimonios, parellas,... aínda que poden indicar no apartado “observacións” a persoa/persoas coa/s que queren asistir)

En resumo (ver as bases para maior información), poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan enfermidade ou patoloxía incompatible coas actividades do plan e cumpran algún dos seguintes requisitos:

  1. Non ter adxudicada ningunha praza na primeira convocatoria de 2022
  1. Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972
  1. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente
  2. No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
  3. Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio
  4. Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
  1. No caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa

 

ESTABLECEMENTO E PREZOS

-      PROGRAMA “DEPOTERMAL” DE ASISTENCIA DIARIA

 

ESTABLECEMENTO

Prezo máx./pers.

Prezo por persoa una vez descontada a subvención máxima da Deputación de Pontevedra (53,55 €)

Prezo por persoa para prazas de Servizos Sociais unha vez descontada a subvención da Deputación de Pontevedra (107,10 €)

PALACIO DEL AGUA **** DE MONDARIZ

130,00 €

76,45 €

22.90 €

BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS****

130,00 €

76,45 €

22.90 €

HOTEL SPA VIA ARGENTUM **** SILLEDA

99,00 €

45,45 €

0,00 €

HOTEL SPA HOTEL GALATEA **** PORTONOVO SANXENXO

99,00 €

45,45 €

0,00 €

HOTEL SPA NUEVO ASTUR *** VILALONGA, SANXENXO

99,00 €

45,45 €

0,00 €

 

De acordo co establecido na base sexta, o desconto aplicado ás prazas ordinarias calcularase en función da súa renda persoal, de forma individual, segundo os seguintes tramos:

 

 

Tramo de renda

Porcentaxe de subvención do

prezo da praza

Importe  subvencionado pola Deputación de

Pontevedra

Ata o 100 % do SMI

40 %

53,55 €

Entre o 101 % e o 150 % do SMI

 

30 %

 

40,16 €

Entre o 151 % e o 200 % do SMI

 

20 %

 

26,78 €

Máis do 201 % do SMI

Aboarán o 100% do prezo da praza

 

-      PROGRAMA “DEPOTERMAL” CON PERNOITA EN RÉXIME DE PENSIÓN COMPLETA

 

ESTABLECEMENTO

Prezo por persoa

Prezo por persoa para prazas de Servizos Sociais unha vez descontada a subvención da Deputación (107,10 €)

GRAN HOTEL TALASO SANXEXENXO ****

328,00 €

47,27 €

HOTEL SPA CARLOS I SILGAR **** SANXENXO

323,00 €

42,27 €

BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS, HOTEL

CASTRO ****

315,00 €

34,27 €

HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA ****

superior LALÍN

311,00 €

30,27 €

HOTEL SPA GALATEA **** PORTONOVO, SANXENXO

298,00 €

17,27 €

HOTEL SPA NANÍN PLAYA **** superior SANXENXO

283,00 €

2,27 €

HOTEL SPA NUEVO ASTUR *** VILALONGA, SANXENXO

230,00 €

0,00 €

 

LISTADO DE CONCELLOS COLABORADORES NO PLAN TERMAL

AGOLADA

ARBO

BARRO

CALDAS DE REIS

CAMBADOS

CAMPO LAMEIRO

CANGAS

A CAÑIZA

CATOIRA

CERDEDO-COTOBADE

COVELO

CRECENTE

CUNTIS

ESTRADA, A

FORCAREI

FORNELOS DE MONTES

GONDOMAR

GROVE, O

GUARDA, A

ILLA DE AROUSA, A

LALÍN

A LAMA

MARÍN

MEAÑO

MEIS

MOAÑA

MONDARIZ BALNEARIO

MORAÑA

MOS

AS NEVES

NIGRÁN

OIA

PAZOS DE BORBÉN

POIO

PONTE CALDELAS

PONTECESURES

PONTEVEDRA

PORRIÑO, O

PORTAS

REDONDELA

RIBADUMIA

RODEIRO

O ROSAL

SALCEDA DE CASELAS

SANXENXO

SILLEDA

SOUTOMAYOR

TOMIÑO

TUI

VALGA

VILABOA

VILA DE CRUCES

VILAGARCÍA DE AROUSA

VILANOVA DE AROUSA

 

 

Así mesmo, aqueles concellos que desexen adherirse ao plan termal poderán facelo en calquera momento a través do formulario dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Servizo de Cohesión Social e Xuventude