A Cañiza celebra a festividade do Santísimo Cristo da Agonía cunha Misa Solemne e Procesión.

Este  2º domingo do mes, 10 de xullo, celebramos a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza. Unha das celebracións litúrxicas con máis arraigo e tradición do noso Concello, con máis de 120 anos de Historia. 

Os actos na súa honra comezaron antes da Misa cun “Pasa-rúas” a cargo da Banda de Gaitas Xarabal de Vigo. A continuación oficiouse a  Misa solemne coa presenza da Corporación municipal, cantada pola Coral Polifónica da Cañiza.  Ao rematar e como dende tempos pasados, as Imaxes do Santo Cristo e da Virxe Dolorosa saíron en procesión acompañadas pola Banda de gaitas que despois das celebracións relixiosas ofreceron un concerto na rúa Progreso.

Dende a Alcaldía e en nome da Corporación Municipal do Concello da Cañiza, agradécese a invitación do párroco D. Miguel Ángel Castro Quintero a estar presente nestas celebracións.

Tamén se agradecen as labores de programación, limpeza e seguridade dos traballadores do Concello, policía local e garda civil.

E por último trasladar a nosa máis sinceira felicitación á Coral Polifónica da Cañiza e da Banda de Gaitas Xarabal polas súas actuacións.