Representación da obra de teatro «NINJA»

Data
to
Location
No Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Obra enmarcada dentro do Programa "Tornar as Táboas" de la Deputación Provincial
Teatro

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo familiar:  Ninjada Compañía de Teatro Ghazafellos.

SINOPSE

Tori é unha nena que vive no rural galego. A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee e  Jackie Chan. O seu soño é ser unha Ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica Ninja.

Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisibles. Coa axuda do seu veciño, o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan invisibles e cambiar así as tornas na escola.

Ninja é unha obra coa que abordamos o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade e coa que queremos amosar que un dos pasos máis importantes para resolver un problema é facelo visible.

Espectáculo subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do seu programa “Tornar ás táboas 2023”

ENTRADA GRATUÍTA!