
O Concello convídate a unha nova charla formativa e coloquio organizada dende a Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas creada en xaneiro de 2023 polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e xestionada polo Concello da Cañiza como promotor coa colaboración da ASOCIACIÓN ÉRGUETE.
Unha charla que forma parte do programa "En Familia TODAS CONTAN", un dos 6 programas que integran o proxecto deste servizo de prevención municipal.
A formación estará impartida por AVELAÍÑA Saúde Mental, unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.
O martes, 2 de abril de 2024, ás 11h no 1º andar do Edificio Multiusos ( rúa Progreso, 21)