CALENDARIO DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS

Data
to
Location
1º Andar da Biblioteca Municipal.
Organiser
AROA VIVA VOZ, en colaboración con Rede CRÍA e o CONCELLO DA CAÑIZA
Actividades

Como xa comunicamos a finais do ano pasado, esta nova actividade cultural e educativa chega da man de AROA VIVA VOZ, en colaboración coa Asociación sen ánimo de lucro das Familias Rede CRÍA e o Concello.

«O CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS» 

Unha actividade moi dinámica, no que que todas as familias participarán na toma de decisións.

Nesta nova aposta pedagóxica pesou moito o interese que @s nen@s teñen pola lectura: contos, comics, poesía e incluso os números.

A tarefa do Club consistirá en ofrecer ideas inspiradoras e levar a cabo propostas en función dos intereses que se vaian manifestando nas familias que participen no proxecto.

Cos  libros da biblioteca ou as creacións propias, poderanse desenvolver múltiples facetas da linguaxe a todos os niveis: lingüístico, verbal, visual, lóxico matemático, musical, corporal...

«O Club de lectura para familias é un espazo seguro onde as nosas e os nosos peques poden ir despregando, ao seu ritmo, as súas habilidades lectoras e incluso escritoras... porque  neste Club poden pasar moitas cousas...», asegura Aroa

Para calquera dúbida podedes contactar coa organización no número 655 52 52 42

A duración da actividade será dunha hora e media aproximadamente e a aportación é voluntaria.

 

 

Horario

Todos os 2º xoves de cada mes.

Comeza o 11 de xaneiro de 2024, ás 17.30h na Biblioteca Municipal da Cañiza. 1º andar. Edificio Multiusos, rúa Progreso, nº 21.