1º concurso de MONDIORING ÉCAN 2024 na Cañiza

Data
to
Location
Nas instalacións do Campo de Fútbol do Couto
Organiser
Écan, DEPORTES CANINOS
Actividades

O sábado 9 de marzo, a Asociación Deportiva Canina ÉCAN organiza nas instalacións do campo de fútbol do Couto, unha proba de mondioring, enmarcada no calendario da RSCE (Real Sociedad Canina de España) como una proba clasificatoria para a Copa de España de mondioring da RSCE 2024.

Nesta 1ª competición que se celebra na Cañiza están inscritos 8 binomios (guía + can) que veñen doutras zonas de Galicia, de Madrid e do País Vasco,  os cales serán xulgados polo xuíz internacional Dominique Blanchard (Portugal).

Ademáis a proba contará como asistentes cos profesionais:

  • Jatsu Guaresti (País Vasco), Home Asistente categoría internacional e pertencente ao grupo de traballo Vinaroz.
  • David Ramos que ven dende Madrid, Home Asistente categoría internacional e pertencente ao grupo de traballo Lupus Shadow.
  • e David Conde, Instructor- formador do grupo de traballo Écan e Home Asistente categoría club

Todos eles serán os encargados de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida. 

¿Qué é o mondioring?

  • O mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertecen a FCI (Federación Cinológica Internacional). 
  • Nesta especialidade o can ten que afrontar una serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida.
  • O mondioring abrangue 3 graos de dificultade sendo o grao 1 o grao máis baixo e o grao 3 o máis elevado.
  • O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente).
  • nesta competición a temática elexida xira sobre a película UP de Disney- Pixar.
Horario

De 9:00 a 14:00 da mañá