CARNAVAL 2024. CONCURSO DE COMPARSAS Y DESFILE. Bases y formularios de inscripción

Fecha
to
Ubicación
Carballeira del Cacharado - calle Antonio Facorro
Organiser
Ayuntamiento de A Cañiza
Actividades

CONCURSO DE COMPARSAS “CARNAVAL 2024” AYUNTAMIENTO DE A CAÑIZA

 

Horario

Salida de las comparsas participantes a las 16.30h desde la Carballeira del Cacharado hasta la calle Antonio Facorro (emplazamiento en el que se celebrará el concurso)

 

BASES REGULADORAS

DA CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CONCURSO DE COMPARSAS DO ENTROIDO 2024, QUE SE CONVOCA POLO CONCELLO DA CAÑIZA. EXPEDIENTE 55/2024 :

Artigo 1. Obxecto

1.Establécense as bases reguladoras das concesións que efectúe o Concello da Cañiza para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios do Concurso de Comparsas participantes no Entroido 2024 que convoca o Concello da Cañiza.

2. Estes premios son compatibles con calquera outra subvención, axuda ou ingreso para a mesma finalidade, procedente de calquera das administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de Organismos Internacionais.

 

Artigo 2. Aplicación orzamentaria

Os gastos inherentes a estes certames imputaranse á partida orzamentaria 334.48000 do orzamento xeral do Concello da Cañiza prorrogado ao 2024.

 

Artigo 3. Concorrencia competitiva

 O réxime de concesión será de concorrencia competitiva, no cal a concesión dos premios se realiza mediante a comparación das comparsas presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar os premios a aquelas que obtivesen maior valoración por parte do xurado.

 

Artigo 4. Normativa reguladora

En todo o non previsto por estas bases reguladoras serán de aplicación as seguintes normas:

  • -Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.
  • -Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • -Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.
  • -Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común.
  • -Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
  • -Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local.

 

Artigo 5. Publicación das bases

Estas bases publicaranse na web municipal (www.caniza.org) e nas súas redes sociais.

O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BNDS). Posteriormente a BNDS dará traslado do extracto ao BOPPO para a súa publicación.

 

Artigo 6. Finalidade

1.Os premios regulados nestas bases diríxense a promover a cultura, e máis especificamente, a fomentar a creatividade artística.

2. Adicionalmente, o Premio pretende satisfacer as seguintes finalidades:

  • a) Fomentar a participación de todas e todos aqueles que teñan inquietudes artísticas.
  • b) Promover a nosa cultura  a través dunha festa tan arraigada no noso pobo como é  a celebración do Entroido.

 

Artigo 7. Requisitos dos participantes.

1. Poderá participar no certame calquera persoa, de nacionalidade española ou estranxeira, que cumpra os seguinte requisitos:

- A comparsa que se presente ha de ser inédita.

- A comparsa  non puido ser presentada en ningún outro certame nin ter sido premiada con anterioridade. As autoras/es garantirán a autoría e orixinalidade das comparsas presentadas ao concurso, así como que non é copia ou modificación de ninguna comparsa allea, nin integral, nin parcialmente.

 

Artigo 8. Temática

A temática das comparsas será libre.

 

Artigo 9. Número de compoñentes das comparsas

As comparsas deberán ter un mínimo de cinco compoñentes.

 

Artigo 10. Prazo de presentación das comparsas

O prazo de admisión de comparsas rematará o 9  de febreiro de 2024 ás 13 h

 

Artigo 11. Lugar e horario de inscrición das comparsas

A inscrición das comparsas farase na B.P.M. da Cañiza,  no seguinte enderezo:

Bibiblioteca Pública Municipal da Cañiza

Rúa Progreso nº 21 – 2º Andar

36880- A Cañiza (Pontevedra)

En horario de luns a venres de 10 a 13 h e de 16.30 a 20 h e sábados de 10 a 14 h.

 

Artigo 12. Categorías

Establécense dúas categorías de participación:

  1. Infantil: (Ata os 14 anos incluídos)
  2. Adulto: ( A partir de 15 anos)

Considérase comparsa infantil, aquela que teña un mínimo de 60 % de nenas-os (ata os 14 anos incluídos). Todas aquelas comparsas que non cumpran esta porcentaxe serán consideradas adultas.

 

Artigo 13. Criterios de valoración das comparsas.

As comparsas presentadas serán valoradas en base aos seguintes criterios:

  • 1.O desfile.
  • 2. Creatividade e orixinalidade da comparsa.
  • 3. Forza expresiva da comparsa.
  • 4. A graza e o bo humor con que se leva o disfraz.

 

Artigo 14. Premios

Establécense os seguintes premios por categorías:

  1. Categoría Adultos:
  • 1º Premio: 500 €
  • 2º Premio: 300 €
  • 3º Premio: 200 €
  • 4º Premio: 150 €
  1. Categoría Infantil:
  • 1º Premio: 500 €
  • 2º Premio: 300 €
  • 3º Premio: 200 €
  • 4º Premio: 150 €

A organización resérvase o dereito de deixar vacante calquera dos premios do concurso.

 

Artigo 15. Composición do xurado e deliberacións.

O xurado será designado polo Excmo. Concello da Cañiza, quen, no seu día, fará pública a composición do mesmo.

  • 1. A valoración das comparsas corresponderá a un xurado que terá a seguinte composición:
  • Catro persoas relacionadas profesionalmente co mundo das artes (pintura, moda, teatro,…)
  • Actuará como secretario un empregado público do Concello da Cañiza (sen voto).
  • 2. Unha vez avaliadas as comparsas, o xurado deberá emitir o seu fallo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O fallo do xurado será inapelable.
  • 3. As deliberacións do xurado serán secretas e levantarase acta da xuntanza.
  • 4. O xurado resérvase a facultade de interpretar estas bases así como as normas de cada convocatoria, así como de resolver calquera imprevisto.
  • 5. O fallo do xurado publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello da Cañiza.
  • 6. Será causa de abstención do xurado, as establecidas no artigo 23-34 da Lei 40/2015, de 1 de outubro.

 

Artigo 16. Fallo do xurado

O fallo do Xurado farase público o día 11/02/2024 no mesmo acto público onde se realice o desfile; será comunicado a través da megafonía situada no palco onde estean situados os membros do xurado, ás comparsas gañadoras, as cales se comprometen a asistir ao acto formal da entrega de premios e a recoller tanto a axuda/subvención como o premio.

 

Artigo 17. Entrega de premios.

A entrega de premios realizarase durante o acto posterior ao desfile e terá lugar na Rúa Antonio Facorro o mesmo día 11/02/2024.

 

Artigo 18. Cronograma do proceso do concurso.

  • 15-xaneiro-2024.- Apertura do prazo para a inscrición das comparsas.
  • 9-febreiro-2024.- Ás 13 h, Data límite de inscrición de comparsas.
  • 11-febreiro- 2024.- Ás 16 h, Concentración das comparsas inscritas na Carballeira do Cacharado da Cañiza.
  • 11-febreiro- 2024.- Ás 16.30 h, Desfile das comparsas participantes pola ruta fixada pola organización.
  • 11-febreiro- 2024.- A continuación, actuación das comparsas participantes no lugar fixado pola organización.
  • 11-febreiro- 2024.- Unha vez rematadas as actuacións das comparsas participantes, xuntanza do Xurado para deliberar.
  • 11-febreiro - 2024.- Posteriormente farase público o fallo do Xurado e comunícase a todos os concursantes.
  • 11-febreiro - 2024.- Cerimonia de entrega da axuda e dos premios no palco situado para o efecto na rúa Antonio Facorro.

 

Artigo 19. Publicación dos premiados

O fallo do concurso farase público de acordo co artigo 40 e 41 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP). Dado que se trata de actos integrantes dun procedemento de concorrencia competitiva, a práctica da notificación efectuarase, de conformidade co disposto no apartado b) do artigo 45 LPACAP, mediante  o seu anuncio no Taboleiro de edictos e na páxina web municipal. A organización resérvase o dereito de publicación en calquera outro medio ou publicación.

 

Artigo 20. Axuda/subvención do Concello da Cañiza

O Concello da Cañiza ofrece unha axuda/subvención de 10 € para todas e todos os participantes que completen o desfile, cun máximo de 400 euros por comparsa, independentemente do número total de participantes e cuxos membros estean maioritariamente empadroados no Concello da Cañiza, ata un límite de crédito de 3.200 €. Para obter á mesma deben entregar cuberta a solicitude normalizada que aparece como anexo nestas bases.

 

Artigo 21. Actuación das comparsas

  • 1.A actuación das comparsas participantes terá lugar na rúa Antonio Facorro da Cañiza no lugar asignado pola organización.
  • 2.O tempo máximo fixado de actuación para cada comparsa será de 4 minutos, puidendo ser penalizadas todas aquelas que se excedan do tempo estipulado.
  • 3.Non está permitido empregar ningún tipo de artiluxio pirotécnico (bengalas, nitróxeno, petardos, …)

 

Artigo 22. Protección de datos

Os datos persoais facilitados polos concursantes serán tratados de conformidade ao establecido na Lei Orgánica 03/2018, de 05 de decembro, de Protección de Datos e garantía dos Dereitos Dixitais, puidendo os mesmos exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

 

Artigo 23. Aceptación

A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases e a conformidade coas decisións do Xurado. A organización reservase o dereito a introducir, se o cre conveniente, as modificacións necesarias para o bo funcionamento do concurso.

 

Artigo 24. Adiamento do desfile por cuestión meteorolóxicas

O desfile terá lugar o domingo 11 de febreiro de 2024. No caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase para o vindeiro domingo con bo tempo.

 

Artigo 25. Xustificación e interese xeral.

O artigo 8.1º da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, determina que as subvencións propostas polas administración públicas estean incluídas con carácter previo no Plan estratéxico de subvencións, non obstante exceptúanse na inclusión nese plan en supostos extraordinarios onde hai que motivar o porqué é necesario establecer a nova subvención.

Esta nova subvención responde ás necesidades que se pretenden satisfacer  e facilita  a consecución dos obxectivos que se pretenden alcanzar:

  • Promover a cultura e máis especificamente, fomentar a creatividade artística.
  • Fomentar a participación activa da poboación cañicense na celebración das nosas festas tradicionais.
  • Concienciar ás nosas veciñas e veciños na defensa das nosas tradicións e da nosa cultura. Que expresen as súas inquedanzas artístiscas a través do deseño tanto das tradicionais carrozas de entroido como dos seus traxes de disfraces.

Porque é o noso deber como institución pública máis próxima á nosa cidadanía adoptar medidas para tentar manter as nosas tradicións xa que a festa de entroido está profundamente arraigada ao noso pobo e  forma parte da nosa cultura. 

Por este feito considerase axeitado a convocatoria deste Concurso de comparsas  entre as nosas veciñas e veciños do noso municipio, para celebrar o Entroido 2024.

 

Artigo 26. Norma final

En todos aqueles aspectos que non se encontren expresamente contemplados nestas bases, o xurado queda facultado para a súa resolución, así como respecto de todas as cuestión que poidan suscitarse no desenvolvemento do concurso, incluídas as reclamacións que puideran xurdir en relación cos premios concedidos.

A Cañiza, 11 de xaneiro de 2024