A Franqueira

Santuario de Nuestra Señora Santa MAría de A Franqueira

Nesta parroquia álzase o Santuario da Nosa Sra.  A Virxe da Franqueira, que rende culto á imaxe da Virxe da Fonte. Esta Virxe é coñecida en toda a Comunidade Galega e no norte de Portugal polas súas romarías, declaradas de Interese Turístico pola Xunta de Galicia e por ser unha das imaxes marianas máis antigas de toda Galicia xunto coa Virxe da Barca e a Virxe das Ermidas.

Comunícase por estrada local e provincial coa Cañiza e dista da capital 7'3 km. Conta cunha poboación próxima aos 300 habitantes.

A parroquia atópase situada nunha escarpada montaña desde a que se poden ver os vales de Covelo e Mondariz.

Ademais da Comunidade de Montes Veciñais, existe unha Asociación de Mulleres Rurais coñecida como MM.RR. Santa María da Franqueira. Ambas asociacións teñen o seu domicilio social no centro cultural de Cebreiro.

A Deputación Provincial de Pontevedra leva acometido nos últimos anos importantes melloras nos viales de acceso ao Santuario, por ser lugar de tránsito de milleiros de persoas, sobre todo no mes de maio e de setembro. Nestes meses celébranse as dúas romarías máis importantes. Con estas reformas se solucionaron os problemas de tráfico que se ocasionaban debido aos estreitos tramos das estradas que acceden ao lugar.

Conta cunhas magníficas vistas desde os Miradores do Paradanta e con extensas áreas recreativas que acollen aos peregrinos e visitantes que acoden ao Santuario.

Parroquias