Con máis de 200 anos de antigüidade, a casa foi restaurada mantendo a súa estrutura orixinal cunha decoración típica.
Está situada no Concello da Cañiza, a 5 minutos do centro urbano, a 30 minutos da cidade de Vigo (por autoestrada) e as súas estupendas praias e a tan só 10 minutos de Portugal.
No seu interior dispón de 6 cuartos dobres, todas elas con cama de matrimonio e baño con ducha, unha cociña totalmente equipada, salón, comedor e cheminea.
O seu gran atractivo é sen dúbida o exterior, cunha leira de 3.000 m2, totalmente pechada, con piscina e asador. Aparcadoiro privado para os clientes dentro do recinto da casa.
A casa ten unha capacidade máxima de 12 a 15 persoas. Dispón de 6 habitacións de matrimonio con posibilidade de ata 3 camas supletorias, con baño individual con ducha cada unha delas.
Na casa Rural O Desestres poderá dispoñer de: Televisor, Neveira, Cociña completa ( vitrócerámica, forno e microondas), Comedor, Lavadora, Secadora, Lavalouzas, Xardín, Cheminea, Piscina, Asador, Enxoval de Cociña, Toallas, Roupa de Cama, Berce.
Ademais permite a estancia de mascotas na casa.