Visitamos aos nen@s do «IX Campus Deportivo Balonmán Cañiza»
O Alcalde Luis Piña visita o campamento organizado polo Club Balonmán Cañiza, no que participan 54 nenos e nenas (de 4 a 16 anos) entre as dúas quendas, baixo a supervisión de 8 monitores.
Esta IX edición que comezou o pasado 29 de xullo, rematará mañá venres 9 de agosto cunha intensa actividade que se desenvolverá polas rúas da Cañiza.
Os nenos participarán en xincanas, xogos populares e unha busca do tesouro e todo isto en distintos escearios do centro da Vila.
Noraboa ao Club Balonmán por terse implicado un ano máis cos nosos nenos e nenas, levando o balonmán máis alá do deporte!.