Visita do Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra ao Concello

Este martes o Alcalde Luis Piña reuniuse no Concello co Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Don Simon Venzal, quen está xirando visitas por todas as unidades e mantendo contactos coas institucións para valorar conxuntamente as situacións en cada localidade relacionadas coa seguridade e o Servizo da Garda Civil, neste caso da Cañiza.

 

Nesta xuntanza o Alcalde manifestou a plena colaboración da institución local coa Comandancia co obxectivo de garantir a seguridade das veciñas e veciños da Cañiza.