Visita do Alcalde Luís Piña ás obras de renovación do alumeado público nas parroquias de PETÁN e OROSO

Unha obra que conta cunha inversión total de 358.160,00 (custo de execución de obra e proxectos) e unha financiación do 100%, grazas aos fondos europeos do Ministerio de Transición Ecolóxica e ás axudas do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra.

CONTINUAMOS COA MODERNIZACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO DO CONCELLO. CONSEGUIRASE FINALIZAR O MANDATO CON TODO O TERMO MUNICIPAL CAMBIADO E RENOVADO

A modernización do alumeado público do Concello é un dos grandes retos que afrontou o Alcalde Luís Piña dende a súa toma de posesión en xuño de 2019. A rede  pública de alumeado estaba obsoleta, sendo un dos maiores gastos do Concello. O reto de modernización supón unha das maiores inversións económicas do Concello. Tras un largo proceso de traballo e diferentes estudos, buscouse a financiación para realizar a renovación integral de todo o alumeado público.

A obra de renovación do alumeado nas parroquias de Petán e Oroso é un paso mais dentro deste proceso. Inicialmente foi aprobada  a adxudicación no mes de xaneiro de 2022  pero debido aos graves problemas de tesoureria tivo que suspenderse a obra temporalmente. As obras financiadas polo Instituto para a Diversificación Enerxética (IDAE) teñen que pagarse primeiro e posteriormente o IDAE realiza o pago ao Concello. Cando se acrediten.

Unha vez se conseguiu dar unha solución a este problema, coa firma dunha operación de crédito bancaria que permite realizar estes pagos e que será amortizado no momento no que o IDAE execute o pago ao Concello, o 26-01-2023 levantouse a suspensión temporal do contrato, e iniciáronse os traballos de renovación do alumeado.

AFORRO DE MÁIS DUN 50% DE CONSUMO ELÉCTRICO E MAIOR LUMINOSIDADE AOS BARRIOS.

A actuación nas parroquias de Oroso e Petán supón o cambio de mais de 500 puntos de luz, substituíndoos por novas luminarias LED de última xeración: 516 puntos modelo LED- 30 W, 61 modelos LED-50W e 8 modelos LED-60W. Tamén se realiza a instalación de 24 novos contadores de ultima xeración - anteriormente so existían 2 contadores-. Realizaranse ademais os cambios de cableado onde sexan necesarios.

O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminarán todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético  e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro de mais do 50 %, reducindo a factura mensual.

Esta renovación integral sen precedentes, dotará a Oroso e Petán dunha moderna instalación eléctrica

Co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade, cambiando a luz laranxa por luz branca. Ademais suporá a reducción da emisión de contaminación lumínica, un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, e un importante aforro de emisións de 75,9 toneladas de CO2 ao ano,  cumprindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea e o Pacto dos Alcaldes polo Clima de reducir a contaminación.

Esta obra, cunha inversión de 358.160€, está financiada ao 100% entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, cunha aportación do 80% do total e a Deputación de Pontevedra, que a través do Plan Concellos 2021 aporta o 20% restante. Polo tanto cómprese coa filosofía de axuste contable do Alcalde Luís Piña de tratar de non utilizar os recursos propios debido á actual situación económica que sufre o Concello.

As subvencións para o aforro e eficiencia enerxética  financiados polos Fondos Europeos a través do IDAE, Instituto para a Diversificación  e Aforro da  Enerxía do Goberno de España, permitiron ao Concello acometer esta gran reforma.

A inversión total, en todo o territorio municipal, inicialmente estaba cuantificada en 2.523.890,92 € pero tras as baixas producidas durante as adxudicacións dos 6 expedientes de obras, alcanza os 2.419.516.

Deste importe, 1.935.612,80 € son fondos europeos do instituto para a diversificación enerxética do goberno de España, 408.477,60 € son fondos dos Plan Concellos 2020 e 2021 da Deputación de Pontevedra e 75.455,60€ son do fondo de compensación medioambiental de 2021 da Xunta de Galicia.

 

cuadro de inversión de cambio de luminarias en todo o territorio municipal

 

Cambio de todo o alumeado público na parroquia de Oroso. Barrio do Burgo