Unha instalación inaugurada o pasado 28 de setembro de 2024, que nace da necesidade por parte do Club Balonmán Cañiza de invertir o premio de 50.000€ para máquinas de ximnasio, recibido en 2023 por parte da empresa IBERDROLA na categoría “Supera Competición”.
Un premio outorgado a 6 proxectos de entre 900 candidaturas presentadas. Un dos gañadores foi o CBC co proxecto «La fuerza del deporte femenino en el rural» .
A instalación de 55.62 m2, cun investimento do Concello de 77.081,55€, subvencionados con cargo aos fondos do Plan territorial +Provincia 2024 da Deputación, responde a unha arquitectura moderna e lixeira, deseñada con materiais vanguardistas e homoxeneizada plenamente co interior do pavillón, que lle da un valor engadido a todo o conxunto.
Un exemplo máis da aposta, apoio e compromiso do Equipo de Goberno Municipal co noso deporte.