A unidade móbil da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia estará na Caniza o 19 de novembro

O Concello da Caniza recibirá o vindeiro xoves a unidade móbil da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno (OIAS ao Retorno) da Xunta de Galicia, que se desprazará ata o municipio para ofrecer atención personalizada ás persoas galegas residentes no exterior que regresaron a Galicia ou que están valorando facelo, así como ás súas familias.

Esta oficina itinerante, impulsada pola Secretaría Xeral da Emigración, ten como finalidade facilitar o proceso de retorno e favorecer a integración sociolaboral das persoas retornadas, achegando información, asesoramento e acompañamento individualizado para atender as súas necesidades en cada etapa deste proceso.

Durante a xornada, o equipo técnico especializado atenderá as persoas interesadas no espazo habilitado na rúa Oriente, diante da Casa Consistorial, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Entre os principais ámbitos nos que se ofrece asesoramento figuran os trámites administrativos relacionados co retorno, prestacións, subvencións e axudas, asistencia sanitaria, vivenda, formación, orientación laboral e emprendemento.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, coa que a Xunta de Galicia busca acompañar as persoas galegas do exterior que desexan regresar á súa terra, facilitando o acceso aos recursos e servizos necesarios para desenvolver aquí o seu proxecto de vida.

A unidade móbil da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia estará na Caniza o 19 de novembro

 

A unidade móbil da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Xunta de Galicia estará na Caniza o 19 de novembro