Tamén clausuramos o curso de competencias dixitais para maiores
O Alcalde Luis Piña tamén participou na clausura do curso de competencias dixitais para maiores e entrega de diplomas. Esta formación en alfabetización informática, de 40 horas de duración, tivo lugar durante o mes de xuño na Aula CeMIT da Casa da Cultura e estivo dirixida principalmente a xubilados e pensionistas. O curso comezou o martes 10 de xuño de 2025 e se desenvolveu en horario de luns a xoves, de 16:00 a 19:00 horas. A formación foi completamente gratuíta e as prazas estaban limitadas a 15 participantes.
Ao longo das sesións, os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de familiarizarse co mundo da informática e mellorar as súas competencias dixitais. Aprenderon conceptos básicos de Windows, como funciona Internet, crearon o seu propio correo electrónico, utilizaron ferramentas de chat e mensaxería instantánea, e exploraron foros, blogs e espazos en liña. Tamén tiveron a oportunidade de buscar ofertas de viaxes adaptadas ás necesidades das persoas maiores.
Neste curso, os participantes aprenderon a manexar ferramentas como:
- Correo electrónico: Enviar e recibir mensaxes de forma segura e eficiente.
- Internet: Buscar produtos ou servizos específicos.
- Xiros culturais e de lecer: Realizar reservas de entradas para teatro ou eventos.
- Chatear e conectar: Usar chat e mensaxería instantánea para ou compartir experiencias.
- Seguridade na rede: Consellos sobre ciberseguridade e uso responsable da tecnoloxía.
- Banca dixital: Como realizar operacións bancarias de maneira fácil e segura a través de Internet.
- Intelixencia Artificial: Introducción ás aplicacións desta tecnoloxía na vida diaria.
O Alcalde destacou a importancia de facilitar á poboación maior as ferramentas necesarias para mellorar a súa calidade de vida e fomentar a súa inclusión no mundo dixital, permitindo que se manteñan conectados e independentes.