O Concello informa do calendario previsto para o mes de xuño para a renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI) e pasaporte no rural, a través do vehículo integral de documentación (VIDOC) da Policía Nacional.
Xuño 2026: días 2 e 17
Este servizo móbil permite a expedición e renovación do DNI e do pasaporte nunha soa xornada, cun tempo aproximado de tramitación de 10 a 15 minutos por persoa, evitando desprazamentos a comisarías e reducindo os tempos de xestión. Ademais, o vehículo VIDOC conta cun punto portátil de actualización do DNI electrónico (DNIe), que permite actualizar certificados dixitais e cambiar a contrasinal asociada, con asistencia dos axentes de policía.
As persoas interesadas deben anotarse previamente nas oficinas xerais municipais, ben de maneira presencial ou telefónica, a partires do día 20 de maio, onde se lles comunicará o día e a hora asignados segundo a lista de espera existente.
O Alcalde Luis Piña informou esta mañá que os calendarios de renovación do DNI vanse elaborando en función da demanda e das necesidades existentes, polo que, en canto o Concello é informado das datas de visita, comunícanse a través destes medios.
Lémbrase tamén os requisitos e taxas vixentes para a renovación dos documentos:
Requisitos para a expedición do DNI
- Renovación: Fotografía, DNI en vigor e taxa de 12 €.
- Primeira inscrición: Fotografía, certificado de nacemento (≤6 meses), volante de empadroamento (≤3 meses) e titor legal se é menor. Estranxeiros: NIE ou pasaporte. Taxa: 12 €.
- Perda ou roubo: Sen fotografía se estaba en vigor. Taxa: 12 €.
- Cambio de domicilio: Fotografía, DNI e volante de empadroamento (≤3 meses). Gratuíto se está en vigor; 12 € se está caducado.
- Cambio de filiación: Fotografía, DNI e certificado de nacemento (≤6 meses). Taxa: 12 €.
Requisitos para o pasaporte
- Maiores de idade: Fotografía, DNI e pasaporte anterior (se o hai). Taxa: 30 €.
- Menores de idade: Fotografía, DNI, pasaporte anterior (se o hai) e autorización de ambos titores. Taxa: 30 €.
Condición especial
- Con Tarxeta de Familia Numerosa en vigor: trámite gratuíto para DNI e pasaporte.