Servizo rural de renovación do DNI e Pasaporte – Calendario previsto para os meses de novembro e decembro de 2026
-
Novembro 2026:
-
25 de novembro ( mércores )
-
-
Decembro 2026:
-
1 de decembro ( martes )
-
22 de decembro (martes)
-
Este servizo móbil permite a expedición e renovación do DNI e do pasaporte nunha soa xornada, cun tempo aproximado de tramitación de 10 a 15 minutos por persoa, evitando desprazamentos a comisarías e reducindo os tempos de xestión. Ademais, o vehículo VIDOC conta cun punto portátil de actualización do DNI electrónico (DNIe), que permite actualizar certificados dixitais e cambiar a contrasinal asociada, con asistencia dos axentes de policía.
As persoas interesadas deben anotarse previamente nas oficinas xerais municipais, ben de maneira presencial ou telefónica, onde se lles comunicará o día e a hora asignados segundo a lista de espera existente.
-
Para solicitar cita para o 25 de novembro: chamar ao Concello a partir do 10 de novembro
-
Para solicitar cita para o 1 de decembro: chamar ao Concello a partires do 25 de novembro
-
Para solicitar cita para o 22 de decembro: chamar ao Concello a partir do 1 de decembro
Requisitos para a expedición do DNI
-
Renovación: Fotografía, DNI en vigor e taxa de 12 €.
-
Primeira inscrición: Fotografía, certificado de nacemento (≤6 meses), volante de empadroamento (≤3 meses) e titor legal se é menor. Estranxeiros: NIE ou pasaporte. Taxa: 12 €.
-
Perda ou roubo: Sen fotografía se estaba en vigor. Taxa: 12 €.
-
Cambio de domicilio: Fotografía, DNI e volante de empadroamento (≤3 meses). Gratuíto se está en vigor;
-
12 € se está caducado.
-
Cambio de filiación: Fotografía, DNI e certificado de nacemento (≤6 meses). Taxa: 12 €.
Requisitos para o pasaporte
-
Maiores de idade: Fotografía, DNI e pasaporte anterior (se o hai). Taxa: 30 €.
-
Menores de idade: Fotografía, DNI, pasaporte anterior (se o hai) e autorización de ambos titores. Taxa: 30 €.
Condición especial
-
Con Tarxeta de Familia Numerosa en vigor: trámite gratuíto para DNI e pasaporte.