Sábado de Teatro

Sábado, 30 de abril ás 20:30h na Casa de Cultura da Cañiza

Representación da obra A FAMILIA REAL

un espectáculo teatral sobre a reconciliación familiar

Dentro da sua programación cultural, o Concello da Cañiza ofrece este sábado no noso Auditorio municipal a representación da obra A Familia Real,  das Cías. de Teatro Olivas negras e Aporía escénica, esta última da empresaria teatral e actriz cañicense Diana Mera.

Público recomendado: a partir de 8 anos

Prezo da entrada: 10 €

Desconto do 50% para menores de 13 anos

Venda de entradas o mesmo sábado 30 de abril na propia taquilla da Casa de cultura, aberta a partir das 19.30 h, unha hora antes do comezo da representación.