@s alumn@s do CPI da Cañiza e do CEIP de Valeixe coñecen as normas de seguridade vial practicando no pavillón deportivo do colexio.

Nunhas xornadas extraescolares organizadas pola Dirección Xeral de Tráfico.

  • Pensadas para que @s nen@s se vaian familiarizando con todo o referente á seguridade vial e poidan identificar algunha sinal e entender a necesidade da utilización do cinturón de seguridade.
  • O Alcalde Luis Piña visitou esta mañá o circuito de cars instalado no pavillón, en compañía do Director do CPI da Cañiza e profesorado de primaria e do Axente de Policia Local do Concello, instructor da actividade xunto con dous funcionarios da Dirección Xeral de Tráfico.
  • O circuito de cars ven a imitar un orixinal con rotondas, semáforos, sinais de tráfico, carrís, vehículos e peatóns.

 

Despois de terse suspendidas estas actividades por mor da crise sanitaria provocada pola COVID, novamente o CPI da Cañiza acolle as Xornadas de Seguridade Vial impartidas polo Axente da Policía Local da Cañiza Santiago Regueiro e por dous funcionarios da Dirección Xeral de Tráfico, organizador da actividade.

Durante os días 1 e 2 de marzo @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do CPI da Cañiza e de 4º, 5º e 6º do CEIP de Valeixe, puideron disfrutar desta actividade que ten como principal obxectivo que @s nen@s empecen a recoñecer as sinais de tráfico.

As xornadas transcurriron entre xogos e aprendizaxe.

 @s alumn@s recibiron unhas sinxelas e instructivas clases teóricas con material didáctico de fácil interpretación, sobre as diferentes clases de sinais de tráfico existentes, o correcto uso do cinturón de seguridade e a necesidade de levar casco de protección nas bicicletas, etc.

Todas estas instruccións as puideron poñer en práctica nun circuito de cars instalado no pavillón deportivo do centro, montado imitando con exactitude un orixinal coas súas rotondas, semáforos, sinais de tráfico e carrís.