Reunión para coordinar a posta en marcha da piscina climatizada
Unha vez rematadas as obras de rehabilitación enerxética, esta mañá mantivemos unha reunión nas instalacións da piscina para coordinar os traballos que permitirán a súa apertura. Todos eles relacionados coa posta en marcha das máquinas, controis da temperatura das augas do vaso, certificacións sanitarias, certificacións xeotérmicas e probas de climatización entre outras.
Nesta xuntanza dirixida polo Alcalde, estiveron presentes os técnicos da empresa de mantemento, técnicos da empresa Kasaka (responsables da xeotermia, paneis solares e da máquina de climatización), o Xefe de obra da empresa constructora CIVIS GLOBAL e traballadores da piscina climatizada.
Galería multimedia