Reunión de traballo en Melgaço co Delegado de Zona Franca de Vigo e o Presidente da Cámara

Para consolidar e afianzar as relacións con este importante municipio Portugués.

O Alcalde Luis Piña tivo a ocasión de reunirse, xunto co Presidente do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, co Presidente da Cámara Municipal de Melgaço, Manoel Batista.

 

Unha reunión que tiña por obxectivo abrir novas vías de colaboración entre ambos concellos, A Cañiza e Melgaço, co compromiso de colaboración da Zona Franca de Vigo como así o manifestou o seu Presidente, David Regades, quen tamén participou nesta xuntanza de traballo.

Aproveitando a cercanía e os lazos de amizade con Melgaço, un «Municipio Amigo», nesta xornada de traballo se sentaron as bases de colaboración entre ambos Concellos, unindo sinerxias e creando vías de cooperación de xeito que os dous municipios poidan obter beneficios conxuntos.