Representantes de 27 formacións e asociacións da Cañiza asistiron este 28 de xuño á reunión celebrada no Concello para informar sobre as vantaxes de asociarse ao GDR Condado Paradanta

E participar no deseño da nova  estratexia do Leader 2023-2027 que comeza agora

 

A reunión estaba dirixida a todas as formacións e asociacións da Cañiza que desexen participar e ter representación e decisión na nova estratexia de desenvolvemento local e da comarca do GDR Condado – Padaranta.

Unha estratexia que fundamenta a súa metodoloxía no concepto de traballo abaixo cara arriba”, de modo que será a propia veciñanza, a través das diferentes asociacións, quen definirá as necesidades e as oportunidades do territorio como punto de partida para construír o futuro comarcal.

Baixo o lema «PENSA, ACTÚA E CONSTRÚE TERRITORIO»  o GDR  informou este martes sobre as vantaxes de pertencer ao Grupo Comarcal e alentou ás asociacións e formacións a asociarse.

Entre todos decidirase qué tipo de proxectos poderán ser beneficiarios dos fondos económicos no seguinte período 23–27, en función das necesidades que identifique a veciñanza.

 

5 motivos polos que asociarte ao GDR Condado Paradanta:

1º- Axuda a levar a cabo o teu proxecto de desenvolvemento.

2º- Escoita as túas propostas de mellora e de crecemento comarcal.

3º- Promove o traballo en equipo a través das mesas sectoriais.

4º- Favorece as sinerxías entre as persoas. Disporás de espazos nos que compartir  experiencias e crear oportunidades de cooperación.

5º- Facilita a participación activa no desenvolvemento local. Serás parte protagonista do desenvolvemento territorial.