Renovamos todo o material deportivo da Escola Municipal de Taekwondo e Full Contact

O Concello renovou todo o material que se estaba utilizando nesta escola deportiva dende a súa inauguración no ano 2011.

Cun investimento de 1.739,88 € a escola quedou dotada de todo o material de protección necesario para impartir as dúas disciplinas: taekwondo e Full Contact. Proteccións para poder combatir como petos reversibles, cascos-máscaras de competición, proteccións para os antebrazos, pernas e guantes.

Ademáis segundo comunicou esta mañá o Alcalde “adquirimos sacos recheos, escudos para patadas e outros complementos e materiais necesarios poder aprender e desarrollar as distintas técnicas que se imparten na escola”.

Luis Piña quixo destacar tamén a labor desenvolvida nestes anos pola Escola. “Un traballo conxunto e un gran esforzo realizado por parte de toda esta familia deportiva, que permitiu acadar numerosos éxitos, podiums e medallas en importantes competicións autonómicas. Un gran mérito dos nosos deportistas taekwondistas e un orgullo para todos os cañicenses ”.

A Escola Municipal de Taekwondo, en activo dende o ano 2011, ten na actualidade 35 alumnos e alumnas de distintas idades ( de 5 a 55 anos). Ten a súa sede social no Ximnasio Municipal e nesta tempada impártense 5 clases á semana para pequenos, mozos e maiores, baixo a responsabilidade e dirección do profesor e entrenador nacional de Taekwondo Fidel Rodríguez.

“Neste centro aprendemos a defendernos con brazos e pernas e crecemos en valores”.

Esta é a filosofía destas artes marciais na que ten a mesma importancia a dimensión física como a mental.

Para todos aqueles que queiran coñecer máis polo miudo o funcionamento da Escola, o vindeiro 18 de xullo os alumnos realizarán unha exhibición das técnicas aprendidas na Praza Maior da Cañiza, a partires das 21h.

Ademáis, dende o Concello animamos a toda a veciñanza a coñecer o Centro. Podedes consultar o funcionamento das clases así como os horarios e prezos da nova tempada que comezará en setembro, nas oficinas do ximnasio municipal.