Rematamos os traballos de acondicionamento e renovación do céspede do CAMPO DE FÚTBOL DO VIEIRO
- Durante as xornadas do pasado xoves e venres picamos, sembramos e esparcimos area nos 7.000 m2 do campo.
- Coa axuda do Servizo de Medioambiente da Deputación de Pontevedra
Uns traballos que se desenvolven todos os anos dentro do Plan Anual de mantemento dos campos de fútbol de herba natural da Deputación, que consisten en facer un picado oco nos 7.000 m2 de superficie do campo para retirar pequenas porcións de terreo co obxectivo de que o chan airee. A continuación se rechean con area.
O Concello asumiu os costes dos 75 kilos de céspede utilizado, da area utilizada e da maquinaria municipal que colaborou coa Deputación para sanear o campo.
Esta actuación aporta ao céspede unha maior calidade, xa que a aireación permite que se rexenere a raíz tanto en volumen como en profundidade e así se prepare o terreo para afrontar con maior resistencia o mal tempo.
Galería multimedia