Rematamos o 2024 concedendo e abonando as subvencións aos clubs e asociacións que solicitaron as axudas para o fomento da cultura e o deporte

Un total de 14.330,00€ que o Concello concedeu neste 2024 ás asociacións culturais e clubs deportivos do Municipio que o solicitaron e que presentaron toda a documentación ao abeiro da ordenanza que regula a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas, publicadas o pasado 15 de maio.

O Alcalde Luis Piña informou esta mañá que "rematamos este 2024 colaborando cos clubs e asociacións culturais da Cañiza, axudándolles a sufragar parte dos seus gastos de funcionamento, contribuíndo no desenvolvemento destas entidades que son unha parte fundamental do noso entramado social, porque a posta en marcha das súas actividades melloran a convivencia, contribúen ao desenvolvemento social e inclusivo de todos os nosos veciños, e no caso dos clubs deportivos, fomentan a práctica de distintas disciplinas, aproveitando o tempo libre e impulsando programas de interese para todos”.

Coas axudas concedidas preténdese tamén intensificar a promoción do Concello por parte dos subvencionados, de xeito que, entre todos, poidamos continuar reforzando a marca "Cañiza" e todos os nosos activos e potencialidades turísticas e económicas.

Un traballo compartido en beneficio de todos.

Ademáis destas subvencións, dende o Concello colaboramos con todas estas entidades para que poidan desenvolver gratuitamente as súas actividades nos centros e instalacións municipais sen pagar ningunha taxa polo uso dos mesmos.

 

Subvencións concedidas ás asociacións culturais e clubs deportivos da Cañiza, abonadas o 30/12/2024

Rematamos o 2024 concedendo e abonando as subvencións aos clubes e asociacións que solicitaron as axudas para o fomento da cultura e o deporte