Remata a «OPERACIÓN CENTINELA GALLEGO 2023» (15/08/2023 – 01/10/2023)

O Alcalde despediuse do operativo da Brilat despregado na Cañiza con motivo da finalización da «Operación Centinela Galego 2023» de defensa dos nosos montes.

Luis Piña achegouse o pasado 29 de setembro ata o Centro Cultural «O Pateiro» de Oroso, localización onde estiveron despregados os efectivos militares da Brilat que formaron parte da Operación Centinela Gallego 2023.

Nesta visita o Alcalde despediuse e volveu a agradecer a labor desenvolvida durante este verán no noso término municipal. Unha labor de vixiancia continua, de disuasión, visibilidade e de interacción coa nosa veciñanza.

Neste encontro, un ano máis, Luis Piña reiterou “o compromiso e plena vontade do Concello de colaborar na loita contra os incendios”.

Pola súa banda, o operativo militar tamén agradeceu a boa acollida que durante todo o despregamento recibiu tanto dos veciños como da Institución Municipal, afirmando que o aloxamento e as instalacións ofrecidas polo Concello son dunha alta capacidade operativa.

As patrullas despregadas na Cañiza teñen o centro e unidade de mando na Casa Cultural «O Pateiro de Oroso», adaptado para acoller esta Operación dende o ano 2019.