Proxección da película galega Cuñados

Comezando coa nosa programación de celebración das Letras Galegas 2022, o Concello ofrece este sábado ás 21 h no Auditorio da Casa de Cultura, unha película galega, rodada en Galicia.

PROXECCIÓN PELÍCULA CUÑADOS

Cuñados é una película dirixida por Toño López e protagonizada polos mellores actores e actrices de comedia galegos:  Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Fedérico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, Mela Casal, …

Sipnose:

Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a zoca nun dos seus  negocios e necesitan cartos. Moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. Porén, é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

 

Sábado ás 21 h

Auditorio da Casa de cultura da Cañiza

Entrada gratuíta.

Recomendada para +7 anos