Presentamos as propostas de acondicionamento dos camiños no núcleo dos Bueixos e da rúa Rosalía de Castro

Este venres o Alcalde Luis Piña xunto coa Arquitecta Silvia González e o Enxeñeiro Eduardo Cancela e os seus respectivos equipos,  presentaron aos veciños e veciñas do lugar dos Bueixos e da rúa Rosalía de Castro as dúas propostas, tras convocalos a asistir para coñecer de primeira man estas actuacións viais.

Segundo indicou o Alcalde, dende o Concello queremos contar coas opinións dos veciños neste proxecto que afectará á rúa Rosalía de Castro, dende o entronque coa rúa Antonio Facorro ata a conexión coa rúa Otero Pedraio, en II fases que tentarán acondicionar esta rúa e consolidar os camiños da súa contorna. Tamén no caso do acondicionamento dos camiños do núcleo dos Bueixos, o Concello quere contar coas suxerencias, aportacións e opinións da veciñanza.

Nesta liña o Alcalde informou esta mañá que “todos os veciños que desexen coñecer de primeira man as propostas poderán achegarse ata o Concello e solicitar a súa consulta.”

En sendas convocatorias celebradas no Salón de Plenos o pasado 5 de decembro, ás 18h e 20h, os enxeñeiros presentaron as propostas iniciais que forman parte das actuacións subvencionadas a través da “Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público”.

Propostas de acondicionamento

  • A proposta de mellora para os viais dos Bueixos contempla a humanización dos camiños do núcleo con pavimentación de adoquín de granito e formigón desactivado, introducción de mobiliario urbano, árbores, iluminación e o soterramento das instalacións eléctrica e de telefonía.
  • A proposta da Pasarela que conecta os Bueixos co núcleo urbano contempla unhas actuacións que pretenden dar continuidade a un itinerario peonil desde Os Bueixos ao centro da Cañiza, coa formalización dun sendeiro de formigón desactivado incorporando alumbrado e bancos. Tamén se intervén no camiño do lavadoiro para convertilo nun lugar coidado, iluminado e seguro.
  • Por último, a reforma da Rosalía de Castro pretende transformar esta rúa nun espazo de convivencia en plataforma compartida, con beirarrúas de lousa de granito de 2,50 m. de ancho nas dúas marxes, calzada de formigón desactivado e banda verde intermedia con árbores, mobiliario urbano e zonas de estacionamento pavimentadas en adoquín céspede.

Esta actuación cumple co Decálogo da Rede «ÁGORA»

Unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, que ten por obxectivo valorizar os espazos públicos e aumentar o espazo reservado ás persoas, itinerarios peatonáis e ciclables, cumplindo cun decálogo de principios: O espazo público é un dereito, as persoas primeiro, mobilidade inclusiva, sostible e alternativa, autonomía infantil, espazos seguros, amables e de calidade, hábitat saudable e actividade económica de proximidade.

Está integrada pola Deputación de Pontevedra e 54 Concellos da Provincia, entre eles A Cañiza.