Presentamos a programación “VERÁN CULTURAL LUNEDA”, prevista para este mes de agosto.

Organizada pola entidade “Proxecto Luneda Activa” coa colaboración de varios patrocinadores, entre eles o Concello da Cañiza.

Un completo programa cheo de obradoiros, roteiros pola Aldea para coñecer Luneda, contacontos, xincanas infantís, recitáis de poesía, xornadas de observación astronómica, cine e exposicións.

Esta é a oferta cultural que arrancou o pasado 6 de agosto cun obradoiro de cerámica e que continúa hoxe 8 de agosto con outro obradoiro de pan con masa nai e o sábado día 10 cun obradoiro de elaboración de xabón artesanal.

Se estades interesados, no cartel de presentación atoparedes todos os datos para poder participar.

Noraboa á parroquia de Luneda, especialmente ao  “Proxecto Luneda Activa ” pola implicación na posta en marcha desta iniciativa socio-cultural.

 

Presentamos a programación “VERÁN CULTURAL LUNEDA”, prevista para este mes de agosto.