Presentamos o concerto de música clásica que se celebrará en Valeixe o sábado 22 de xuño a cargo do CUARTETO NOVECENTO

A Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Valeixe acollerá o vindeiro sábado 22 de xuño, ás 20h, a actuación destes 4 músicos, membros da Real Filharmonía de Galicia.

Esta mañá o Párroco de Valeixe, José María Vázquez xunto co Alcalde Luis Piña e a Presidenta da Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, Nieves García-Soto, presentaron a actuación.

Un concerto no que catro músicos (as Violinistas Ildikó Oltai e Irina Gruia, a violista Ioana Ciobotaru e o violoncellista Millán Abeledo, todos membros da Real Filharmonía de Galicia), interpretarán pezas escritas a finais do impresionismo e que abarcará todo o século XX.

Música pouco coñecida pero sempre divertida, sensible e orixinal.

“Unha proposta distinta e diferenciada que completa o panorama musical camerístico desde Santiago de Compostela” e que o vindeiro sábado poderemos escoitar na Igrexa Parroquial de Valeixe.

 

 A Igrexa Parroquial de Valeixe acolle o 22 de xuño un concerto de música clásica da man do CUARTETO NOVECENTO