Esperanza no presente e no futuro para saír adiante con forza, saúde e harmonía.
O maior desexo deste Alcalde é que o seu Pobo creza, mellore e prospere, atopando os alicientes que nos permitan remontar nos momentos de debilidade.
A Cañiza, como ben se describe na súa heráldica, co «Carballo» como Escudo e Bandeira, É un Pobo Forte. Un pobo unido. E sobre todo un pobo Solidario e Traballador.
É certo que levamos un lustro loitando contra unha crise económica que nos paralizou e frenou na consecución dos nosos ideais e obxectivos.
Pero tamén é certo que co compromiso, a colaboración e a solidariedade de todas e todos os cañicenses, estamos mellorando a herdanza recibida.
A pesar da débeda económica que temos que asumir, polo menos nuns anos, co tesón que nos caracteriza a todos os cañicenses, seremos capaces de seguir adiante e de buscar recursos e subvencións en todas as administracións públicas.
Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Confederación Hidrográfica axudáronnos durante todo este ano a rehabilitar e mellorar as instalacións, pistas e camiños, iluminacións e servizos municipais.
A nosa Palabra non é Baleira!. Comprimos os nosos compromisos!.
A reforma do Campo de Fútbol de Augas Férreas, as melloras no pavillón de Valeixe, a construción dun ximnasio no Pavillón de Cañiza, o cambio de xanelas na piscina climatizada, o acondicionamento do Puente Medieval de Noceifas no Couto, a obra de rehabilitación da Ponte de Achas, os novos xardíns do casco urbano, a reforma das pistas de tenis, a adquisición dos terreos da Citania das Grades, son algúns dos logros conseguidos no ano 2024.
Sen esquecernos de todo o esforzo dedicado aos servizos sociais con especial atención ás FAMILIAS, aos nosos maiores, á xuventude, e aos máis cativos, a través de programas como a “Atención Temperá” que coordinamos coa intervención doutros Concellos.
Son moitas as actuacións, proxectos e programas que conseguimos sacar adiante.
E todo, mantendo unha liña de respecto e tolerancia cara a todas as institucións e persoas.
«Respectamos para que nos respecten».
Con este lema conseguimos avanzar.
E nesta senda continuaremos traballando en 2025.
Para finalizar, non me quero esquecer dos nosos «cañicenses polo Mundo», aos que lles enviamos un grande abrazo e aos que queremos ver pronto.
Moitas grazas, Felices festas, Bo Nadal, saúde e próspero 2025
Luis Antonio Gómez Piña, Alcalde do Concello da Cañiza