Presentamos o Belen de Nadal que este ano se pode visitar nas oficinas xerais do Concello

Esta fin de semana inauguramos o Belén de Nadal.

Unha entrañable composición deseñada e creada pola nosa veciña Marta Mariño, que este ano adaptou con menores dimensións para cambialo de ubicación e presentalo nas oficinas da Casa Consistorial.

Un ano máis o Alcalde Luis Piña, en nome de tod@s @s cañicenses, felicitou a Marta pola súa creatividade e lle agradeceu o esforzo e o traballo invertido para a posta en escea desta pequena gran composición de Nadal.

Grazas por compartilo con todos os cañicenses!.

O Belén poderase visitar no 1º andar da Casa do Concello, en horario de oficinas e ata despois da festividade de Reis.