Presentamos a IV Edición do Trofeo BTT XCO - CONCELLO DA CAÑIZA 2022

O Alcalde e a directiva do Clube Ciclista «Grupeta Pan de Zarko» presentaron esta proba deportiva que se disputará o sábado 23 de abril no Campo de Fútbol de Augas Férreas.

 

O Alcalde da Cañiza Luis Piña  e o Presidente do Clube Ciclista “Grupeta Pan de Zarko”  Tito Ramírez, acompañados  de Alberto Rodríguez, integrante da Directiva do Clube presentaron  esta tarde a IV edición deste evento deportivo que se celebrará o sábado 23 de abril a partires das 16:00 no campo de fútbol de Augas Férreas e que é puntuable para a Copa Galicia BTT XCO 2022.

Os organizadores da proba corfirmaron a día de hoxe a inscrición de 300 participantes.

Nesta IV BTT XCO – Concello da Cañiza se disputarán todas as categorías masculino e feminino de cadete, Junior, sub-23, élite e máster 30-40-50-60.

O evento conta coa cooperación e a axuda da Policía Local.

Ademáis conta coa colaboración das Comunidades de Montes de Petán, Achas e A Cañiza e as aportacións da entidade bancaria ABANCA e das empresas da Cañiza SAEPLAST, Reciclaje de Plásticos A Cañiza, Galimetal SA y Sistemas de Carpintería para la Arquitectura, EFP BIOTEK, Transportes González e  Queixos Castro Xaneiro.  A todos eles o Alcalde agradece a súa desinteresada colaboración.