Presentamos a campaña 2024/2025 de apoio ao noso comercio «A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL»

Promovida un ano máis polo Concello, en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Cañiza.

  • Un programa que ten como obxectivo reactivar e dinamizar o consumo local e  incentivar e afianzar a clientela «do pequeno e mediano comercio de sempre, cercano e comprometido».
  • Consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.000 €uros en vales de compra.
  • O Alcalde Luis Piña agradeceu novamente a colaboración da Asociación de Comerciantes da Cañiza que apoia un ano máis esta campaña aportando 500€.

 

O Alcalde Luis Piña e a Directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza presentaron esta tarde a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como «A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal».

O Programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 4.000 €uros en vales de compra. 500€ aportados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.500 €uros de recursos propios do Concello. 

A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025. Os sorteos realizaranse os días 13 e 27 de decembro de 2024 e os días 10 e 24 de xaneiro de 2025,  distribuíndo, en cada sorteo, 20 premios de 50 euros cada un,  en vales de 10 euros.

Os vales poderanse empregar ata o día 29 de febreiro do 2025, nos establecementos adheridos.

O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros). Queda prohibida a devolución monetaria do mesmo.

Poderás consultar as Bases da campaña na web municipal: www.caniza.org

Así que si confías no comercio local da Cañiza neste Nadal, non te esquezas de solicitar os teus boletos.

 

Presentamos a campaña 2024/2025 de apoio ao noso comercio «A CONFIANZA DE SEMPRE, AGASÁLLATE ESTE NADAL»