Presentamos a actividade navideña “parque de atraccións infantil”
- Enmarcada dentro das campañas de promoción e afianzamento do Comercio local, impulsadas polo Concello co apoio da Asociación de Comerciantes da Cañiza.
- Esta mañá o Alcalde Luis Piña, acompañado de Sandra Fidalgo e Marta Rey, en representación do Comercio da Cañiza presentaron a actividade, na que tamén participou Gloria Bernárdez, en nome de “Especialistas Hípica Celta”, empresa contratada para a instalación da atracción.
Unha iniciativa que leva desenvolvéndose tres anos, como unha ferramenta máis para reactivar o comercio local no Nadal e que ademáis leva asociado ocio e lecer para os máis pequenos.
Durante os días 26, 27 e 28 de decembro, o Concello instalará na Praza Maior un mini parque de atraccións Infantil cunha barca, noria, carrusel e dúas camas elásticas.
O prezo de cada atracción é de 3€ por persoa, pero a compra en calquera dos establecementos da Cañiza adheridos a este programa, dará dereito a un ticket desconto de 2,00 € que poderase presentar no acceso a cada atracción, costando finalmente 1,00€ por nen@.
O parque de atraccións estará aberto en horario de 11:30 a 14:00h e de 16:00h a 19:30h na Praza Maior. En caso de choiva suspenderase ata a melloría do tempo nesas datas.
«Apostando polo comercio local, polo comercio de sempre, cercano e comprometido».